martes, 7 de diciembre de 2010

A COCIÑA MODERNA, ECONOMICA, DE FERRO OU BILBAINA

Tiro de parede
Fornelo para a leña

Fornelo con leña


Cinzeiro e forno

Entre fins do século XIX e comenzos do XX introducíronse as cociñas de ferro, as cales representaban un gran avance, aínda que na nosa zona foi máis tarde. Denominábanse tamén bilbaínas (aínda que moitas eran galegas, da fundición ourensán Malingre, por exemplo) ou económicas, admitindo como combustible tanto leña como carbón. Teñen dous ou tres forniños, un pequeno forno e depósito de auga quente. Ao prender, a bilbaína quenta a cociña e os locales que están máis preto e permite dispoñer de auga quente (función que xa non se utiliza) en calquera momento.
Na cociña bilbaína é máis doado prender o lume que na lareira, e permite ademáis regular a súa intensidade gracias ao tiro (dámoslle máis aire para avivar a combustión da leña ou do carbón) e tamén mediante os arons concéntricos de ferro. Ao ter a saída de fume pola cheminea non provoca a fumareda das lareiras, e permite conservar a comida a boa temperatura durante moito tempo.
Permite tamén facer varias cousas a un tempo, fritir un biste, quentar unha pota de auga e pór unha cafeteira, e mesmo facer doces ou empanadas grazas ao forno de cocer que incorporaban
A miña nai sempre lle ouvin " que se cociñaba mellor na cociña de ferro porque a comida necesita tempo"
Un dos mellores especialistas en colocar este tipo de cociñas era Alfredo de Brañas de Outonais

1 comentario:

  1. Boas tardes Pacin,
    Noraboa polo teu blog. Sobre as cociñas integradas nas mesas titípicas da zona de Lugo e tamén por outras zonas cercanas a Santiag, estou interesado en instalar unha de estas cociñas coa mesa na miña casa tal e como se facía antiguamente. Vexo que indicas un contacto especialista na colocación de este tipo de cociñas mais a mesa ó estilo de antes. Estou buscando alguén que me poda facer este traballo e teña experiencia. ¿Sería posible que me facilitse más datos de contacto de esta persoa?
    Saúdos ye grazas,
    Manuel

    ResponderEliminar