No colexio público fonsagradino derrubouse unha parte cuberta do patio Algunhas persoas levan unha semana sen poder sacar os coches do interior dos garaxes
PROBLEMAS NO COLEXIO. Unha parte do teitume do colexio da Fonsagrada derrubouse onte sen que se producisen danos
DESFEITAS EN CASAS.
Algunhas vivendas fonsagradinas sufriron danos nos seus canlóns debido á presión da neve PARANIEVES QUE NON RESISTEN. Os paranieves dalgúns edificios como, por exemplo, o do centro de saúde, non resisten o peso
A CARPA NON PODE SER RETIRADA.
Onte intentaron levar a carpa da Feira do Butelo. Só lograron quitar a cubrición.
?unque hai xa catro días que non se producen precipitacións, na montaña lucense hai neve para dar e tomar. Ata dous metros de altura alcanza o grosor nalgunhas zonas do Cebreiro, segundo explicaron onte fontes do Concello de Pedrafita. O peso da capa está a facer estragos nos tellados dalgúns edificios que non conseguen resistir.
Onte veu abaixo unha parte do teitume dun patio do colexio público da Fonsagrada. Este derrubamento ocorreu nas inmediacións dunha porta pola que adoitan entrar os escolares. Non houbo problemas porque onte a actividade docente estivo parada como consecuencia das vacacións de entroido. É posible que hoxe teñan que ser adoptadas medidas especiais. De todos os xeitos, a afluencia aos colexios de núcleos da alta montaña é reducida como consecuencia de que hai dificultades nas comunicacións.
Tamén na Fonsagrada non resisten os paranieves de ferro colocados nos tellados dalgunhas casas para evitar a caída da neve sobre a rúa. Onte un turismo, modelo Panda, sufriu danos no teito, debido a unha avalancha procedente do teitume dun inmoble.
En Pedrafita
Equipos municipais de Pedrafita proceden a retirar, desde hai algúns días, a neve dos tellados dalgúns edificios para evitar posibles derrubamentos. Ao parecer, xa se produciron algúns danos na cubrición do pavillón polideportivo.
Nesta localidade, algúns veciños levan unha semana sen poder sacar os vehículos dos garaxes como consecuencia da gran cantidade de neve acumulada nas proximidades das portas. A súa retirada complicouse debido ás fortes xeadas das últimas noites. Nalgunhas zonas os termómetros chegaron a marcar ata catro graos baixo cero a nivel do chan.
En lugares do Courel e Cervantes tamén seguen tendo dificultades como consecuencia da espesa capa. A circulación polas estradas foi especialmente complicada pola mañá como consecuencia do xeo. A primeiras horas da noite, con todo non había ningún porto de montaña no que fose obrigatorio o uso de cadeas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario