lunes, 6 de diciembre de 2010

«A miña principal motivación é servir en todo o que sexa para mellorar a condición humana»



O meo nome é Alfredo Llano García e son natural da Fonsagrada, son profesor de ensino secundario e exerzo no IES Perdouro de Burela. Gústame moito participar en actividades de tipo cultural, social e deportivos e desde que cheguei a Burela (no ano 1990) axudei a formar o cine club Os Matos, o C.D. Burela F.S. e a asociación de sendeirismo Pasada das Cabras. Fun director do Instituto no período de 1994 ata 2001. As miñas afeccións preferidas son a vida familiar, a lectura, o cine, o teatro, o sendeirismo, a práctica da maxia e compartir tempo cos amigos.

Metinme en política (ou metéronme?) despois de unha longa reflexión e co consentimento da familia, sendo a miña principal motivación a vocación que teño de colaborar e servir en todo o que sexa para mellorar as condicións humanas, de participar na vida. ¿Que retos se plantexa O que me gustaría facer en Burela son moitas cousas pero a principal é acadar un bo nivel de convivencia, que todo o mundo se sinta protagonista, que se sinta atendido. Penso ser un alcalde moi próximo os veciños e traballarei a reo para lograr todos os servizos e dotacións que Burela precisa. O abastecemento de auga de calidade, os servizos sociais, a vivenda, o emprego, a integración e cohesión social, a xuventude, os maiores, o porto, o plan xeral de ordenación urbana, o crecemento sostible, o impulso a economía... Todo esto estará moi claro no noso programa e traballaremos desde a óptica da transparencia e da solidariedade. A partir do 27 de Maio os veciños/as de Burela terán a sensación agradable e esperanzadora de que comezan unha nova etapa chea de oportunidades. Anímoos a elixir o cambio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario