



Os premios de Galicia, un a un
Uns catro millóns de euros en premios do sorteo da Lotería de Nadal celebrado corresponderon a Galicia e foron repartidos esencialmente entre residentes da comarca pontevedresa do Salnés e visitantes e peregrinos de Santiago de Compostela.Ao redor de tres millóns de euros dun quinto premio da Lotería corresponderon a décimos vendidos na localidade pontevedresa de Ribadumia, segundo cálculos do responsable da oficina, Xesús Alonso Piñeiro. Os beneficiarios son persoas desa localidade, pero tamén das veciñas áreas de Vilagarcía de Arousa ou Cambados e ata de Cangas do Morrazo.Segundo a organización Loterías do Estado, en Ribadumia vendéronse as series do 156 ao 194 do número 75.869, aínda que Alonso Piñeiro precisou que tamén repartira "outras series baixas". "Hai anos que estamos abonados" ao número 75.869 e "nunca tocara", comentou o responsable da oficina, quen confesou a súa sorpresa e asegurou que el non se beneficiou, aínda que dixo estar "moi contento por facer felices a moitas persoas".Entre os agraciados, dixo, figura unha parella nova coa que conversou este mesmo mércores e subliñou que no pasado ambos "tiveron que marchar do país para atopar traballo".O segundo, para Santiago e os peregrinosO outro premio importante en Galicia, dun millón de euros, correspondeu a unha serie do segundo premio vendida pola administración número 3 de Santiago de Compostela, situada no centro histórico, onde adoitan adquirir boletos os turistas e peregrinos que frecuentan a capital galega, especialmente este ano Xacobeo.Trátase da serie 194 do número 00.147, que foi vendida probablemente en gran parte durante o pasado verán a peregrinos ou turistas que acudiron a Santiago de Compostela con motivo do Ano Xacobeo, indicou o responsable da oficina, Jose Luís Tojo Núñez. "Témome que algún peregrino se levou ademais da visita ao apóstolo, algún premio extra", comentou. Tamén sinalou que "non é un número fácil", pero apuntou que coa elevada afluencia de visitantes con motivo do Ano Santo "vendeuse todo", incluído os denominados "números raros".Tojo Núñez recordou que a súa oficina, situada no pleno centro da cidade, na rúa do Vilar, e convertida nun dos principais focos de venda de lotería, xa logrou parte do premio Gordo no Nadal de 2007 e repartiu tres millóns de euros do número 6.381, ademais do catro premio en 2004 e agora o segundo, polo que exclamou: "Fáltanos o terceiro". "O apóstolo sempre me axuda", dixo o responsable da oficina de venda de lotería, quen sinalou que descoñece de momento quen son os afortunados, pero "se aparecese alguén o celebraría".Un quiosco de Vigo e a maldición dos baixosEn Vigo, un quiosco de prensa vendeu varios décimos dun quinto premio da Lotería de Nadal correspondentes ao número 15.548, aínda que o propietario do establecemento próximo á praia de Samil, Alfredo Bar, dixo non recordar cantos. "De momento por aquí non pasou ningún dos agraciados, é o primeiro ano que vendemos Lotería Nacional", subliñou, sorprendido pola fortuna.Na Coruña e Cambre tamén lograron premios de 15.000 euros os compradores de tres décimos dun quinto premio correspondente ao número 15.548. Dous dos décimos foron vendidos na praza de San Agustín da Coruña e o terceiro na da localidade de Cambre.En Lugo unha oficina da rúa Rafael de Vega vendeu dous dos dez décimos que recibira do 6.075, outro dos quintos premios do sorteo da Lotería de Nadal, e devolveu os outros 8 da serie, porque "é un número moi baixo e a xente habitualmente non os pide".
CONSULTE OS PREMIOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario