Argelio Fernández Queipo (alcalde da Fonsagrada) /Tanis
A publicación no Boletín Oficial do Estado do informe de impacto ambiental favorable á liña de alta tensión Boimente-Pesoz volveu a caldear os ánimos na Fonsagrada. O alcalde, o socialista Argelio Fernández, xa anunciou que seguirá buscando vías para evitar que se instale ese tendido eléctrico.
O primeiro paso, indicou, será reunir á comisión de seguimento do proxecto creada polo Concello e os afectados para estudar as opcións que quedan e esgotar todas as posibilidades de oporse ao trazado.
O alcalde da Fonsagrada indicou, ademais, que no próximo pleno, que se celebrará en xaneiro, abordarase este tema para tomar unha decisión sobre o posicionamento oficial do Concello.
Lamenta que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño non teña en conta as alegacións presentadas nin polos veciños afectados nin polas administracións. Estas alegacións referíanse ao impacto que terá a liña sobre explotacións gandeiras, negocios turísticos, fauna, patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e natural.
Asociación
Os veciños afectados na Fonsagrada, A Pontenova e Santa Eulalia de Oscos (Asturias) constituíron a asociación Camín Grande en febreiro do 2008, a través da cal organizaron as accións de protesta contra o trazado elixido, que consideran moi prexudicial para os seus intereses e para a contorna.
Os afectados denunciaban que a liña, de 400 kilovoltios e que servirá para evacuar a electricidade excedente que se produce en Galicia, inutilizará granxas e terreos de pasto, así como instalacións de turismo rural, pois o tendido require unha ampla distancia de seguridade na súa contorna.
Reserva da biosfera
O portavoz do grupo do PP da Fonsagrada, Tobías Martínez, lamentou onte que o Ministerio de Medio Ambiente non teña en consideración as 797 alegacións presentadas contra o trazado nin o feito de que a zona afectada sexa declarada reserva da biosfera pola Unesco.
Tobías Martínez indica que «é lamentable e inxusto que o trazado faga unha curva de máis de 80 graos para pasar con toda aleivosía por terras da Fonsagrada». Afirma que esta decisión prolonga en sete quilómetros o tendido.
O portavoz popular apunta, ademais, que non se tivo en conta o impacto sobre a poboación nin os estudos da Organización Mundial da Saúde sobre as consecuencias da exposición a campos magnéticos.
En opinión de Tobías Martínez, «queda moi claro que non temos peso ningún nin presionamos como outros para afastar o tendido dos seus concellos».
Os pastos de 3.000 vacas quedarán baixo o tendido eléctrico
A zona da Fonsagrada afectada pola liña de alta tensión sitúase no límite con Asturias. é unha das máis prósperas do municipio desde o punto de vista económico. Ten numerosas explotacións gandeiras que reúnen unhas 3.000 cabezas de gando. Hai, ademais, dúas granxas de porco celta.
Turismo
Catro casas de turismo rural sitúanse nas inmediacións do trazado. Hai, ademais, varias igrexas de alto valor patrimonial e un gran número de enterramentos megalíticos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario