viernes, 17 de diciembre de 2010

A Fonsagrada celebra unha feira de Nadal e un concurso de repostería


A feira de Nadal da Fonsagrada volverá reunir este fin de semana a artesáns e produtores locais e acollerá unha nova edición do concurso de repostería, que tivo gran éxito de participación nas últimas edicións.

Os postos do feiral estarán abertos tanto o sábado como o domingo, de 10.00 a 14.00 horas.

O sábado pola tarde terá lugar o concurso de repostería. Os interesados en participar terán que presentar os seus doces antes das 18.45 horas. Unha vez designados os gañadores, o público asistente degustará as sobremesas, acompañados de chocolate que preparará a asociación Antaruxas e Sorteiros.

O domingo pola tarde, a partir das 17.00 horas, terá lugar o acto de entrega de premios do certame de postais de Nadal e ás 17.30 horas haberá un espectáculo de maxia e contacontos a cargo de David e Fátima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario