Un pobo non é nada se non ten unha historia detrás. A do noso, o galego, encerra uns personaxes de seu, unha lingua propia e unha evolución marcada por certa resignación ás circunstancias externas que nos obrigou a desenvolver un especial insitinto de supervivencia e un continuo afán de superación. Foron moitos os símbolos, as apalabras e os lugares que nos acompañaron ao longo do tempo. O momento no que conflúe todo iso é o 25 de xullo, a data de tódolos galegos, o día para reivindicarnos, para celebrar o que somos e de onde vimos.
Partindo dese espírito quixemos recoller no Día da Patria como se foron cimentando as razóns polas que este é o noso día. Os nosos personaxes que xa son históricos, pero que aínda viven, os símbolos que nos dotaron de identidade, o lugar no que descansan aqueles que nos espertan maior admiración e a percepción que teñen deste acontecemento diferentes xeracións do século XX foron reunidas aquí para que non esquezamos onde están as nosas orixes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario