MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
A COCIÑA DE LAREIRA
|
DIBUXO: RIPALDA |
- LAREIRA:Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota.
- TRASFUGUEIRO:
- BURRO:Aparello xiratorio composto de dous madeiros que forman un ángulo recto e que se utiliza para erguer a moa do muíño, soportar a gramalleira etc.
- GRAMALLEIRA:Cadea que pendura dunha viga ou elemento similar situado no alto da lareira, cun gancho na parte inferior para suxeitar o pote sobre o lume.
- POTE
- ESCANO:Banco que ten respaldo e un asento que serve de tampa a unha especie de caixa formada por este moble, e que pode ter unha táboa móbil utilizada como mesa.
- TALLO: Banco pequeno feito en carpintaría, de tres ou catro patas e sen respaldo, que serve de asento para unha persoa.
- SARILLO:Armazón de madeira formada por varios paus entrecruzados onde se penduran os chourizos para curalos.
- CANTAREIRO:Estante con dous buratos onde se meten as olas e as cántaras nos que se ten auga.
- SELLA:Recipiente formado por táboas de madeira unidas e fixadas por arcos de metal, máis ancho no fondo ca na cima, que se emprega sobre todo para carrexar e conter auga.
- CANALETA: Táboa acanalada ou tubo doutro material por onde verte auga unha fonte.
- FREGADEIRO/ PILA/PILON: Recepente xeralmente de pedra para conter auga e fregar
- TRÉBEDE/TRES PES/TREPE:Utensilio de ferro con tres pés sobre o que se poñen as olas, tixolas etc., ao lume.
- CUNQUEIRO:Moble ou andel situado na cociña para gardar a louza ou para que escorra, particularmente as cuncas.
- LACENA
- BADIL/PA/ PALETA :Pa pequena de metal que se utiliza para recoller as brasas ou a cinza
- ABANO/ABANICO:Instrumento para dar aire ou avivar o lume, feito de palla ou vergas entretecidas e provisto de mango.
- ESPETO: Utensilio feito dunha barra de ferro ou unha vara rematada en punta, no que se cravan a carne, peixe etc., para asalos nas brasas.
- FOL/BARQUIN: Instrumento formado por dúas táboas horizontais e costados de pel, formando unha cavidade, que ao ser oprimido produce aire a presión utilizado para aviva-lo lume
- TOUCIÑEIRA: Pau ou utensilio de ferro do que se colga o touciño ou outra carne.
- CAÍNZO/CANIZO:Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos.
|
DIBUXO: XAQUIN LORENZO
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario