O proxecto para construír un encoro no río Navia, entre os concellos de Navia de Suarna e A Fonsagrada, segue igual desde que en abril saíse a información pública. Nin se desestima, nin avanza. Culpa desta situación tena, por exemplo, a inesperada petición do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) ao concello de Navia, ao que lle solicitou que volva remitir as súas alegacións contra a infraestrutura –que xa foran presentadas o pasado mes de maio– á Subdelegación do Goberno en Lugo. Os que seguen adiante son os case 40 grupos de alegacións presentados por administracións e entidades ecoloxistas ante a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
Durante o período de información pública do polémico proxecto da empresa Saltos do Navia, que pretende recuperar unha concesión de 1953 a pesar da forte oposición de administracións e veciños, ao organismo de conca que xestiona o río Navia chegaron un total de 39 documentos onde se esgrimen múltiples razóns para evitar a construción da presa e dar por caducada a licenza.
PERDA DO DOCUMENTO
Así, fontes da Confederación explicaron a Xornal que desde Galicia recibiron as alegacións da Deputación de Lugo, o Concello da Fonsagrada, o Concello de Navia de Suarna, o BNG e a organización ecoloxista Amigos da Terra, entre outras moitas.
Precisamente a corporación municipal de Navia viuse obrigada polo MARM a recuperar as alegacións que enviou á Subdelegación do Goberno en Lugo e volver a remitilas nun prazo de dez días. “Ou non chegaron ou se perderon; o Ministerio non concretou o que lles pasou, deberon traspapelalas”, explica o alcalde do municipio, o socialista José Fernández. “Tivemos que reenviar a mesma documentación que xa enviaramos hai dous meses; só nos prexudicou niso pero se se teñen en conta tampouco pasaría nada e sería beneficioso para nós”, aclara.
O rexedor insiste en que “non parece lóxico construír ningún tipo de presa desta magnitude no lugar porque se trata dunha zona con protección medioambiental”. Neste sentido, Fernández cre que de ir adiante o proxecto se xeraría “un alto prexuízo para a zona e beneficios só para a empresa”. Pola súa banda, fontes do ministerio non foron quen de aclarar a problemática coa que se tropezou o documento do concello lucense para precisar un novo.
Os representantes de Amigos da Terra coinciden co alcalde no argumento da figura de protección medioambiental na que está incluído o río Navia. No texto que entregaron hai unhas semanas á Confederación Hidrográfica sosteñen que o proxecto “debe ser rexeitado polo seu impacto crítico sobre o Navia, pois faría desaparecer o LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Alto Navia. “Calquera outra valoración é falsa dado que o río xa ten tres presas sucesivas que destruíron o curso medio e baixo, pretendéndose agora a destrución do curso alto, que concluiría coa desaparición”, sinalan os ecoloxistas galegos.
Ademais, recordan que, de ir para diante, o encoro suporía o fin “dun dos últimos hábitats dunha especie fluvial escasísima” como é o mexillón de río ou madreperla. Así mesmo, critican que o dano ao curso “ten como motivación o lucro mediante a produción de enerxía eléctrica, nun contexto de exceso de capacidade”.
Neste senso, subliñan que “a Directiva Marco da Auga establece que a auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal”.
AFECCIÓN AO CONCELLO DE IBIAS
En canto as razóns das entidades ecoloxistas asturianas –ANA, Ecoloxistes Asturias, Aems, Salternavia, Ecos Satures e a federación de pescadores Unipesca, entre outras– para estar en contra da nova presa que tamén afectaría ao concello asturiano de Ibias, destacan as da Coordinadora Ecoloxista D’Asturies que recorda que a construción “sería ilegal actualmente ao non atoparse entre as actuación do vixente Plan Hidrolóxico Conca Norte II”.
A xuízo da organización “non existe ningún elemento obxectivo para invocar o interese xeral”, xa que cunha nova infraestrutura o 50% do curso do río quedaría encorado, e o resultado serían

No hay comentarios:
Publicar un comentario