O desemprego rexistrado nos Servizos Públicos de Emprego baixou en xuño en Galicia un 3,8 por cento e rexistrou 8.682 parados menos respecto ao mes anterior, o que situou o número total de desempregados na Comunidade en 219.825.Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración publicados este venres, sobre o mesmo mes do ano anterior a variación situouse nun 9,78 por cento e 19.585 parados máis. Do total de desempregados en xuño, 118.842 son mulleres e 100.983 son homes, e de todos eles 21.599 son menores de 25 anos.Así mesmo, 11.982 dos desempregados de xuño foron estranxeiros, o que supón un 3,12 por cento menos que o mes anterior e un 19,12 máis que hai un ano, e deles 5.379 proceden de países comunitarios.O paro descendeu en todas as actividades económicas, e delas o sector servizos foi o que rexistrou a maior diminución, con 5.083 parados menos; seguido da construción, con 1.774; a industria, con 1.552; a agricultura, con 262; e quen non tiñan emprego anterior, 11.En canto aos contratos, Galicia contou en xuño con 62.803, un 14,32 por cento máis que o mes anterior, é dicir, 7.866, pero un 0,82 por cento menos, o que representa 518 contratos, que o mesmo mes de 2009. Do total, 57.265 foron contratos temporais e 5.538 indefinidos.Paro no EstadoA nivel estatal o paro baixou en xuño por terceiro mes consecutivo e rexistrou 83.834 parados menos respecto ao mes anterior, o que situou o número total de desempregados en 3.982.368 (-2,06 por cento).Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración publicados este venres, o paro aumentou nun ano en 417.479 persoas, o 11,71 por cento máis.O desemprego en xuño subiu entre o colectivo sen emprego anterior, en 915 persoas, e en agricultura, en 174, mentres que se reduciu na industria, con 15.402 parados menos, na construción, onde diminuíu en 21.253 e, sobre todo, en servizos, con 48.268.A secretaria xeral de Emprego, Maravillas Rojo, valorou a baixada do paro e subliñou que a cifra supón o maior descenso mensual dos últimos cinco anos e o mellor mes de xuño desde 1997.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario