As facturas de teléfono do mes de xuño de todas as compañías que operan no mercado español chegarán ao usuario co novo tipo de IVE, que se aplica a partir de hoxe. Os servizos de telefonía e Internet pasan a gravarse co 18% (dous puntos máis que ata agora). Neste caso, unha norma do Ministerio de Industria obriga ás compañías a repercutir a nova taxa na factura de xuño. Segundo a lei, o pago realízase a posteriori do consumo, o que en termos legais coñécese por tracto sucesivo ou continuado. é dicir, que as chamadas que se realizan páganse só no momento no que se esixe o pago (cando chega a factura), xa que a empresa tivo que facerse cargo do adianto dos custos que o consumo supoña.
Subida no medio da crise
Algo máis de nove meses despois de que o Goberno anunciase a subida do imposto sobre o valor engadido, os novos tipos -o 18% para a taxa xeral e o 8% na reducida- entran hoxe en vigor. Fano no medio dunha crise que se agravou desde que en setembro a ministra Elena Salgado avanzase a medida como parte dunha estratexia para aumentar os ingresos fiscais. A alza chega despois de que o Executivo decida aplicar un duro plan de recorte do gasto, aburado pola presión para reducir o déficit público.
Ao mesmo tempo, hoxe soben o gas natural, os combustibles e a bombona de butano, que incrementan o seu prezo e repercutirán tamén o aumento do IVE. No caso do gas, a factura crecerá entre un 7% e un 8,1% (segundo tarifas) máis os dous puntos do IVE. A bombona custará a partir de hoxe 12,45 euros, resultado dun incremento do 6,6% do prezo máis o IVE. A gasolina sobe un 6% e o gasoil, un 13,8%.? Desde o principio, distintos sectores empresariais e organizacións de consumidores reclamaron ao Goberno que suprimise ou aprazase a medida. A mediados de marzo, o Congreso rexeitou unha moción presentada polo PP para suprimir o aumento desta taxa. O Goberno gañou aquela votación por seis votos (176 fronte a 170) cos únicos apoios do PNV e Coalición Canaria. Confederacións de comercio, patronais do automóbil e a hostalería, algúns dos sectores máis afectados, continuaron reclamando medidas paliativas para frear os efectos dun IVE máis alto. Tamén os autónomos. Onte, a Organización de Profesionais e Autónomos de Galicia asegurou que a subida «repercutirá no volume de negocio do autónomo e minorará os seus ingresos». As organizacións de consumidores volveron á carga. Desde Facua, o seu portavoz, Rubén Sánchez, advertiu que a subida ten a mesma consecuencia que «unha baixada de salarios», e lamentou que o Goberno non incorpore un tipo máis alto que o xeneral para produtos de luxo». ?
Redondeo
O redondeo -como ocorreu co euro- é outro dos riscos que acompañan á subida. Para Facua, os efectos poderanse apreciar en alzas de prezo paulatinas nos próximos meses. «A curto prazo non afectará tanto, polas rebaixas». Noutros sectores, nos que non inflúe a estacionalidade, os prezos deberían manterse «máis ou menos estables», pensa Sánchez. As asociacións de consumidores reclaman que o Goberno vixíe os posibles pactos de prezos.?
Mal momento
Onte, o presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán mostrouse «absolutamente convencido» de que unha subida de impostos non significa máis recadación, «senón todo o contrario». «Non hai que subir os impostos, este é o peor momento para subilos».? As estimacións do Goberno son que a recadación aumente en 5.150 millóns ao ano. «Son unhas previsións prudentes; é fácil ata que sexan superadas», dixo Carlos Ocaña, secretario de Estado de Facenda, esta semana. Onte, a vicepresidenta primeira, María Teresa Fernández de la Vega, lanzou unha mensaxe de tranquilidade: «A subida do IVE vai ter pouca repercusión no peto dos cidadáns». E recordou que os impostos son o instrumento que teñen os Gobernos «para facer fronte a situacións de necesidade».?

Maiores, pensionistas e parados, os colectivos que máis sufrirán o incremento do gravame
O incremento do IVE terá un impacto maior sobre a poboación máis pobre e de máis idade. Afírmano os autores do informe titulado A subida do imposto sobre o valor engadido en España: demasiado cara e demasiado pronto. Advirten que os resultados do seu estudo «confirman o carácter regresivo dos impostos sobre o consumo».
Os economistas desenvolveron o seu traballo sobre modelos de fogares para definir as decisións que toman no novo escenario que expón a subida ás economías familiares. Conclúen que a repercusión varía en función da idade, a renda e a situación laboral dos membros do fogar. «Trátase de establecer que fracción da renda pode destinarse ao consumo e que fracción ao aforro», explica Juan Carlos Conesa, da Autónoma de Barcelona. «En xeral, os pobres teñen pouca renda e destinan case toda ao consumo; os ricos teñen moita renda, e poden destinar parte ao aforro», di.

Por franxas de idade
O estudo conclúe que a carga tributaria que soportarán tras o IVE no 2010 os fogares con maiores de 61 anos crecerá un 5,2% respecto ao ano anterior; mentres que en unidades con membros de entre 41 e 60, a carga incrementarase nun 1,3%, e nos fogares menores de 41, subirá un 0,3%.
Os impostos sobre o consumo supoñen unha proporción maior da tributación dos maiores, indica o estudo. «Se teño 40 anos e grávanme o consumo, podo decidir canto destino a consumo e canto a aforro; pero se teño 60, as decisións sobre o meu aforro xa as tomei», sinala Conesa.? En canto á carga fiscal en función do nivel de renda, aumenta máis a dos pobres que a dos ricos, porque «a distribución do consumo é menos desigual que a da renda» e os impostos «supoñen unha maior proporción da tributación dos fogares pobres».

No hay comentarios:
Publicar un comentario