Rosalía de Castro
Castelao
Panteón Galegos Ilustres
Dun recuncho do claustro do mosteiro de San Domingos de Bonaval, a través dunha sobria porta, ábrese a igrexa homónima na que, confinados na súa marxe esquerda, repousan os restos de Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey e Domingo Fontán. Corpos universais, estes, que moran nos terreos do Señor. Naceu xa con polémica o Panteón de Galegos Ilustres, co traslado en 1891 desde o cemiterio de Adina, en Iria Flavia, do cadaleito de Rosalía. A aquela homenaxe non asistiron nin o seu marido, Manuel Murguía, nin os seus fillos, desencantados coas hostilidades amosadas polas institucións eclesiásticas e as autoridades da época.Aínda hoxe, 119 anos depois, o conflito do mausoleo no que descansan os grandes persoeiros de Galicia continúa latente. Logo dun longuísimo litixio entre o Arcebispado de Compostela e o Concello de Santiago, unha sentenza do Supremo devolveulle a titularidade ao clero en detrimento do consistorio, que a ostentaba dende os anos sesenta. Da man do fallo, o Panteón foi pechado en xuño ao público durante unhas semanas, ata que o 15 de xullo a Xunta e a Igrexa, segrares e relixiosos, asinaron un convenio para reabrilo. Iso si, como ditaba a orde xudicial, a propiedade retornaba ao Arcebispado, case dous séculos despois de que a desamortización de 1835 lla arrebatara.O debate desatouse pola titularidade eclesiástica do mausoleo. Desde entón son moitas as voces piden a laicidade do sepulcro ancorado no corazón do Museo do Pobo Galego, sito no mosteiro de Bonaval, cunha pregunta pendurando no ar: deben os símbolos dunha cultura estar en mans da Igrexa?Por un Panteón laicoOs responsables das fundacións dos dous persoeiros máis relevantes que fican entre as graníticas paredes de Bonaval téñeno claro. Non. Helena Villar, que preside o padroado de Rosalía de Castro, fala do peso da lei, pero mira como evitala. "É incuestionable que o Panteón pertence á Igrexa porque o di unha sentenza, pero hai que resolvelo para que sexa laico", afirma. Para Avelino Pousa Antelo, un dos adaís do galeguismo e presidente da Fundación Castelao, o convenio, "sobre unha cousa consagrada" é moi negativo. "Á Igrexa, que Deus llo perdoe", lamenta.Máis alá vai o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias, que chama a atención dun problema estrutural, non só práctico, de como se accede ao recinto, senón de quen tomará as decisións futuras. "Quen decidirá quen está no Panteón? A Igrexa. E se é así pode vetar a persoeiros non practicantes", expón.O seu fío argumental continúa, nun exercicio de translación temporal, ata cuestionarse se hoxendía, baixo a titularidade do clero, Rosalía sería soterrada en San Domingos de Bonaval. "Non creo, pois non era unha 'boa' católica", asegura Sánchez Iglesias. Algún versos da poetisa, como por exemplo en 'Santa Escolástica', poñen en dúbida a existenza de Deus ou critican as xerarquías católicas. Alternativas: o trasladoDe momento, a situación non parece moi perigosa para aqueles que desexen visitar os sepulcros. Pódeno facer seis días á semana, aqueles nos que abre o Museo do Pobo Galego. Pero o problema pode chegar no día de mañá. Así, Helena Villar confía no actual arcebispo, Julián Barrio, do que lle consta que é "aberto", pero, inquire, "e se chega outro?".Por iso, a presidenta da Fundación Rosalía non dubida en barallar alternativas desde xa. "O convenio asinado pola Xunta é unha solución estupenda a curto prazo, pero debe ser temporal. Un traslado do Panteón é unha posibilidade coma outra calquera, un cambio de lugar e incluso de nome. Hai institucións que teñen moito interese en resolver este problema", asegura.A esperanza de Pousa Antelo é que algún día en Galicia haxa un lugar como o monasterio dos Jerónimos, no barrio lisboeta de Belem, custodiado pola Garda de Honra portuguesa, asumido polo Estado e coidado con esmero. "Ese é un modelo digno", di sobre o monumento no que están sepultados, entre outros, Vasco da Gama e varios membros da realeza lusa.Nesta liña, o que ten claro o máximo responsable da AELG, Cesáreo Sánchez, é que calquera cultura e sociedade ten que ter os símbolos en mans das institucións democráticas, e en ningún caso, di en referencia á Igrexa, "nas mans de alguén que nunca tivo Galicia entre as súas preocupacións".O conservación dos sepulcrosUn dos puntos de maior preocupación nos diferentes estamentos da cultura galega é o da conservación do mausoleo. Pousa Antelo lembra cando hai varias décadas as tres fundacións -a de Castelao, a de Rosalía presidida por Sixto Seco, e a de Brañas encabezada por Puy Muñoz- fixeron as melloras do Panteón. "Por alí corría a auga, pero nós tiñamos un proxecto permanente de coidado do recinto. Estaba en marcha e a Igrexa non metía os fuciños. Faciamos actos sen problemas, ofrendas florais...", rememora. E agora, ¿que pasará?Hoxe, na capela do Santo Cristo permanece o sarcófago de Castelao, conectado cos demais persoeiros por un pequeno andar. Na veciña capela das Visitacións, á esquerda eríxese o sepulcro de mármore estilo renacentista que o escultor Xesús Landeira esculpiu para que descansara Rosalía. Dous ramos e unha bufanda de Galicia acompañaban os restos durante os días deste xullo na estancia que preside un retablo do século XVIII. Á dereita atópase Alfredo Brañas, e entre os dous, escoltan as tumbas, desprovistas de maior atavío que a lousa que as cobre, do xeógrafo e ilustrado Domingo Fontán, do poeta Ramón Cabanillas e do escultor Francisco Asorey.Sobre elas, situadas a rentes do chan, aínda lembra Pousa Antelo como bailou, sen respecto, algunha vez un xerifalte. "Farei o que sexa para denigrarte, díxenlle, e cheguei a ameazalo", espeta quen sofreu pola conservación do monumento aos galegos máis ilustres. Aqueles que compartiron co mundo todo o seu saber universal, que levaron a cultura de aquí máis alá dos Ancares e o Caurel, e que agora descansan nos dominios do Señor, coa incógnita de que será deles cando perdan o favor de Deus.

No hay comentarios:
Publicar un comentario