Diccionario Xeográfico Enciclopédico de Galicia
Afluente do río Eo. Orixínase a uns 760 metros de altitude na serra de Envernal, na parroquia de Bastida (S. Miguel), concello lucense da Fonsagrada. Cunha dirección sur-norte pasas polas freguesías de Bastida (S. Miguel), Lamas de Campos (S. Roque), S. Pedro de Neiro (San Pedro) e O Trobo (Santa María) onde vira cara ao Oeste. Continúa plo límite entre as freguesías do Trobo (Santa María) e A Veiga de Logares (Santa María), onde volve cambiar de dirección nordeste-suroeste. Baña as parroquias de Carballido (Santa María) e Maderne (San Pedro), pola que entra no concello de Ribeira de Piquín. Neste munciipio rega a dos Vaos (S. Xoán), Navallos (S. Pedro) e Santalla (Santalla) onde desauga. Descende moi encaixado e, ao longo dun curso moi sinuoso, percore unha distancia de 20 quilómetros. Salva un desnivel de 520 metros, cunha pendente bastante regular ao longo de todo o curso.
Ezequiel Carreira
Afluentes pola dereita
- Regato de Penide, fomado pola confluencia de outros. Remata en Vilar de Vekla
- Rio Pontigón, nace próximo a Outonais e nel desembocan os regatos de S. Cibrao e Ramila, desemboca en Beltrán.
- Río Veiga de Logares, que é omaior afluente do Rodil e o de máis longo curso, nace na parroquia de S. Andrés de Logares. Son os seus afluentes: O Vao, Fungón de Sequeiro, Rañon e Parada.
Afluentes pola esquerda
- Regato de Mazaeda
- Regatos de Piagos e de Valin Folgueirosa
- Regato da Corradas
- Río de San Estevo que nace entre Pacios e Castañoso
Nomes da conca do Rodil:
- Rodil: río da Puebla, de Niero, do Mazo, de Gallol, de Beltrán
- Río Pontigón: río do Couso, de Fargaoso, da Forcadeira
- Río da Veiga de Logares: río do Moin, do Piago, da Martiñadela, da Ponte do Rey, da Valiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario