martes, 27 de julio de 2010

Os xubilados galegos cobran de media 727 euros, menos que ninguén en España


A pensión media de xubilación do Sistema da Seguridade Social alcanzou en xullo a contía de 884,97 euros ao mes, o que supón un 3,5% de incremento con respecto ao mesmo mes do pasado ano, segundo informou o Ministerio de Traballo e Inmigración. En Galicia, esta prestación continúa por baixo da media española, ao situarse en 727,07 euros.En canto á pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanzou 780,25 euros ao mes, un 3,4% máis que o mesmo período de 2009.En total, en xullo o número de pensións contributivas alcanzou os 8.667.954 e o importe total superou os 6.770,9 millóns, un 5% máis que no mesmo mes de 2009. Máis da metade destas son por xubilación, unhas 5.144.279; 2.290.743 son por viuvez, 935.803 por incapacidade permanente, 269.408 por orfandade e 37.721 a favor de familiares.Galicia, a últimaGalicia é unha das comunidades que se mantén por baixo da pensión media de xubilación, con 727,07 euros. Tamén inferiores foron as de Estremadura, 746,07; Murcia, 778,95; a Comunidade Valenciana, 800,60; as Illas Baleares, 802,93; Andalucía, 810,27; Castela-A Mancha, 821,12; A Rioxa, 821,65, e Castela e León, con 853,31 euros.Pola contra, as máis altas rexistráronse no País Vasco, con 1.102,19 euros; Asturias, con 1.094,11 euros; Madrid, 1.061,09; Navarra, 989,52; Cantabria, 928,33; Aragón, 905,97, e Cataluña, con 898,48 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario