En Galicia, Pilar Rojo substitúe a Dolores Villarino, e en Euskadi, Quiroga substituirá outra muller, Izaskun Bilbao, do Partido Nacionalista Vasco.Ademais de Galicia e o País Vasco (en ambos os dous casos con representantes do Partido Popular), as Comunidades cuxos Parlamentos contan cunha muller á fronte son as de Andalucía, Asturias, Baleares, Madrid, Navarra e Comunidade Valenciana.
Das oito presidentas dos Parlamentos autonómicos, catro pertencen ao PP, tres ao PSOE e unha a Unión Mallorquina (UM).
En Andalucía, é a socialista Fuensanta Coves quen foi elixida para presidir a asemblea autonómica en abril do ano pasado, e en Navarra é Elena Torres Miranda, tamén do PSOE, a que dirixe dende 2007 os debates da Cámara foral.
Tamén dende ese ano Elvira Rodríguez, do Partido Popular, preside a Asemblea da Comunidade de Madrid, e Milagrosa Martínez, deste mesmo partido, dirixe as Cortes valencianas.
María Jesús Álvarez, do PSOE, foi reelixida tras as últimas eleccións autonómicas á fronte do Parlamento de Asturias, mentres que o de Baleares ten como presidenta a María Antonia Munar, de Unión Mallorquina.
Dende a aprobación dos Estatutos de Autonomía, é a Comunidade madrileña a que máis mulleres tivo como presidentas da súa Asemblea (3) e na que Rosa Posada (CDS) se converteu, en 1987, na primeira de toda España.En Andalucía, Asturias, Navarra e Galicia, presidiron o parlamento dúas mulleres; en Baleares, Castela-A Mancha e Extremadura e País Vasco, unha, e no resto, ningunha.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario