A serie de éxito Pai Casares, producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, optará a catro Ninfas de Ouro no próximo Festival de Televisión de Montecarlo, que se celebrará do 7 ao 11 de xuño en Mónaco, anunciou hoxe a produtora.
A serie foi seleccionada para competir nas categorías de mellor actor, a aspírana Pedro Alonso e Antonio Durán «Morris»; de mellor actriz, á que concorre María Vázquez; e de mellor produtor europeo e internacional, dúas categorías nas que comparten nomeamento Carlos Carballo, Carlos Portela e Alfonso Blanco .
Os intérpretes de Pai Casares competirán na próxima edición do certame con 51 producións de 22 países distintos, entre as que se atopan series como Perdidos, Boston Legal ou Mad Men.
Só outras dúas series españolas, Cóntame como pasou, de TVE, e O Internado, de Antena 3, participarán na 49 edición do Festival Internacional de Televisión de Montecarlo, segundo sinala o comunicado.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario