O troco, tan antigo como a propia humanidade, resucitou en plena crise económica a través de clubs e páxinas web que permiten o intercambio de obxectos, tempo e mesmo cama entre internautas de distintas zonas xeográficas. "É unha forma de xogar con aquelas cousas que non ten ningún sentido telas e ás que se lles pode sacar partido", di Javier Fernández, un dos fundadores de Truequi.com. A web permite, logo de rexistro, acceder ás ofertas publicadas por máis de 1.300 usuarios e puxar polo obxecto desexado propoñendo un material propio como contrapartida. Os obxectos cambian virtualmente de dono e calquera pode, dende o seu ordenador, percorrer o itinerario do intercambio cunha ferramenta de geolocalización. Fernández recorda como 14 intercambios despois, un canadense pasou de dispoñer dun clip a gozar dunha casa. Segundo o seu promotor, "antes da crise había unha media de 50 visitas ao día, mentres que agora se alcanzan picos de 700 ou 1.000 accesos diarios".
Noutros portais como Kroonos.com, o obxecto do intercambio é o tempo, pois segundo Miguel Delgado, un dos seus creadores, se necesitan lugares nos que as persoas intercambien os seus coñecementos e habilidades e nos que a moeda de cambio sexa o tempo. Entre os máis de 4.000 usuarios da plataforma, uns ofrécense para pasear o can ou coidalo outros para traducir a varios idiomas, impartir clases de retoque fotográfico ou guitarra flamenca. Extras muros do mundo virtual, existen clubs de intercambio como a Asociación de Troco de Baleares que, segundo explica unha dos seus 200 socios, Shalabha Beltrán, "pretende que as horas de todos, á marxe do status, teñan o mesmo valor.
Alugar un cuarto a cambio de manter relacións sexuais periódicas co dono é outro dos modos de intercambio que apareceron á calor da Rede por "a esixencia de agudizar o enxeño en tempos de crise", apunta o voceiro da Asociación Estatal de Profesionais da Sexoloxía, Iván Rotella. "Son un rapaz de 24 anos, discreto, traballador, educado, delgado e de mente moi aberta," reza un dos anuncios.
O troco, que se dispara en tempos de crise, non sobrevive á bonanza. Polo menos así o cree o profesor de economía da Universidade de Bos Aires Martín Krause, quen recorda como no seu país se crearon numerosos centros de troco pola crise de 2001 que apenas sobreviven hoxe.
Fonte: La Opinión
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario