Os 170 gandeiros da cooperativa Melisanto terán que destinar os preto de dous millóns de litros que producen mensualmente a elaborar leite en po. Así o asegura o xerente da entidade, Ventura Branco, quen explica que lles pagarán 160 euros por cada tonelada que envíen ás torres de elaboración de leite en po, cantidade da que terán que descontar os gastos de transporte, que dependen da distancia, e que suporán unha redución duns 12 euros sobre esa cantidade.
Branco asegura que cobrando menos de 330 euros por tonelada os produtores sitúanse por baixo do listón da rendibilidade. «As explotacións -apuntou- teñen custos fixos e ou que nos van pagar por tonelada supón un 60% por debaixo do prezo viable».
Acudir á intervención estatal (compra pública de manteiga e leite en po) é o único camiño que lle quedou á organización para poder colocar a produción dos seus socios, despois de que o Grupo Pascual comunicáselles que ía deixar de recollerlles o produto. S
egundo Branco, a compañía comprometeuse inicialmente a atopar outro comprador que lles abonase prezos de mercado, pero finalmente esa promesa non chegou a materializase. O xerente de Melisanto reiterou que nos 20 anos de historia da cooperativa nunca até agora tiveran que vender o litro de leite por baixo dos 28 céntimos (46 pesetas). «Un prezo inferior ás 55 pesetas [33 céntimos] é inviable para a produción», mantén Branco. A partir de hoxe mesmo.
Melisanto dedicará a produción dos seus socios a fabricar leite en po. Neste sentido, o xerente da organización aclara que as xestións realizadas ante a Administración non tiveron ningún resultado. «A marxe de manobra a día de hoxe ?-apuntou- é cero», en referencia ao cambio de Goberno autónomo. A unha situación similar ha tido que enfrontarse a cooperativa de Lugo Terra Chaira, aínda que con mellor sorte. A partir de hoxe, entregará a súa produción á quesería Celega, do Saviñao. Pero, iso si, a un prezo inferior ao que lle pagaba o Grupo Pascual. Esta última insistiu onte en que o descenso da produción de leite «é a consecuencia directa da evolución que rexistrou o mercado alimentario». Lembra que as marcas brancas «excederon o 51,4% do mercado de leite clásico en brik, o que supón un crecemento do 10% no último ano». Neste sentido, fontes do grupo quixeron deixar claro que o axuste na recollida foi inevitable. No caso concreto de Melisanto aclaran que «Leite Pascual hai semanas que está a asumir custos e perdas ao facerse cargo da produción [da cooperativa de Santiago] para afrontar un compromiso que agora finaliza», A compañía destaca que facilitou á organización láctea «a preparación do seu leite para transformala nun produto industrial con saída no mercado». «Aínda por riba -conclúe- Leite Pascual vai realizar un importante esforzo adicional achegando un desinteresado apoio económico para este último proceso».
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario