viernes, 3 de abril de 2009

O Museo fonsagradino está a punto de iniciar as obras de ampliación


No ano no que se cumpre o primeiro cuarto de século da fundación do Museo Comarcal da Fonsagrada,próximamente comezará a cumprirse o vello obxectivo da ampliación da súa sede. O padroado xa adxudicou a obra e a empresa está á espera de que Barras Eléctricas leve a cabo a retirada do transformador eléctrico existente nos terreos nos que se situarán as novas instalacións, pegadas ás actuais.O proxecto está presupostado en medio millón de euros e o padroado ten o compromiso de colaboración económica do Agader, organismo que achegará ao redor de 200.000 euros, e da Deputación. Tamén espera a colaboración económica do Concello, ademais do soar e, probablemente, da exención do importe da licenza. O resto será financiado polo padroado con fondos propios ou solicitando outras axudas.A nova edificación comunicarase directamente coa actual e terá unha forma circular, aínda que con engadidos. Constará dunha planta soto, a baixa e outra alta. Estas dúas últimas estarán dedicadas a salas e a servizos, paliando as carencias de espazo que ten agora o museo. En concreto, na planta baixa e na alta estarán as salas do museo temático e o soto será dedicado a talleres e a almacén. O proxecto foi redactado polo estudo de arquitectos Casabella e Vieites.O padroado espera que a instalación eléctrica, que será soterrada, desapareza cando antes co fin de inicial de inmediato as obras. Por esixencias dalgunha das subvencións, en outubro terá que estar presentada a primeira certificación.A obra hai a unha das empresas construtoras da Fonsagrada, que era a pretensión do padroado. Non obstante, dáse a circunstancia de que todas teñen carga de traballo para o presente ano e para o próximo, e soamente unha se comprometeu a executala, pero por compromiso, máis que por necesidade de encargos, dado que tamén é das que ten varias contratas comprometidas.O Museo Comarcal ten unhas coleccións etnográficas dun nivel pouco frecuente nun municipio dun municipio cunha poboación tan baixa como o fonsagradino.
Fonte: Fonsaweb

No hay comentarios:

Publicar un comentario