Os procesos concursais disparáronse en Galicia durante o primeiro trimestre do 2009, cando se solicitaron tantos como en todo o ano 2007. No entanto, a comunidade autónoma só aglutina o 4% dos concursos de acredores a nivel nacional, porcentaxe lixeiramente inferior ao dos últimos exercicios. Así se desprende do informe Baremo Concursal que cada trimestre realiza PriceWaterhouseCoopers a partir de datos solicitados do Boletín Oficial do Estado.
A nivel nacional, se o ano pasado foi un exercicio histórico polo número de empresas que declararon suspensión de pagos, 2009 leva o mesmo camiño. Entre os meses de xaneiro e marzo o número de concursos publicados en España creceu un 238%, ata alcanzar os 1.380, o que supón xa case a metade -o 48%- dos rexistrados no 2008 e supera aos publicados en todo o 2007. «De manterse esta tónica é de esperar que o exercicio 2009 superemos a barreira dos 4.000 concursos», asegura Enrique Bujidos, socio responsable do Área de Reestruturacións de PricewaterhouseCoopers.

Por comunidades, Cataluña é a rexión que experimentou un incremento máis pronunciado dos concursos. No primeiro trimestre do 2009 aglutinou o 25% dos publicados en España, cun total de 349. Séguelle Madrid, con 183 (o 13%); seguida da Comunidade Valenciana, con 166 (12%); Andalucía, con 138 (10%); Castela León, con 72 (5%) e o País Vasco, con 71 (5%).
Por sectores, os de construción e inmobiliario seguen aumentando o seu peso na distribución dos concursos de acredores. Entre xaneiro e marzo acapararon o 38% do total, con 519
procedementos. Seguíronlle o sector industrial (330 concursos, o 15%), e o de distribución (251, o 11%). Destaca significativamente a caída do 2%, dos concursos nos sectores
No hay comentarios:
Publicar un comentario