viernes, 17 de abril de 2009

A galega Blusens abrirá unha oficina en Miami como centro de xestión

A multinacional galega Blusens anunciou onte a apertura dunha nova oficina en Miami, cidade na que establecerá o seu centro de operacións e loxística para axudar a xestionar ás súas filiais e así impulsar a expansión da firma no continente americano. Esta decisión enmárcase no obxectivo de Blusens, con sede en Santiago de Compostela, de converterse nunha marca global con representación en todo o mundo, cuxa liña de negocio baséase na innovación tecnolóxica, proximidade ao mercado e deseño, segundo destacou a empresa nun comunicado.

Tras a constitución o ano pasado de Blusens Global Corporation, a multinacional española con orixe en Blusens (Santiago de Compostela), a firma creou unha filial en Montevideo (Uruguai) na que centraliza as súas operacións en Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai. Máis tarde, a empresa fixouse como obxectivo introducirse no mercado mexicano e centroamericano.

Así mesmo, escolleu Toronto para establecer a sede da filial canadense, país no que logrou contas estratéxicas como o Toronto Football Club (equipo de primeira división) e alianzas con outras compañías como The Backery Communications. Deste xeito, Blusens Canadá logrou introducirse progresivamente nas principais empresas para a comercialización e promoción de bens e servizos

No hay comentarios:

Publicar un comentario