lunes, 6 de abril de 2009

O PAPEL DA MULLER NO MUNDO RURAL GALEGO

No medio rural galego historicamente existe unha división do traballo na cal a muller, ademais de facer os labores considerados como propios, realiza outros traballos agrícolas pero considerados culturalmente como domésticos (horta, muxir o gando, elaboración dos derivados do leite, venda deses productos) mentres axuda en tódolos demais que leve o home.Esta división está baseada en que os traballos que necesitan máis forza física deben de ser os dos homes e os máis débiles son os das mulleres, se ben cando están mulleres soas na casa, cousa tamén frecuente, fan tódolos traballos o mesmo que os homes. En non poucas faenas actúan indistintamente, ademais de que a muller sempre pode facer tódalas faenas do home mentres que este nunca toca as cousas da casa.Moitas veces como complemento do traballo agrícola, e compatibilizando ambas tarefas, nas zonas pesqueiras nas que os homes ían ó mar, a muller identifícase coa empresa familiar lavando o peixe, convertíndoo en valor de venda e sobre todo índoo levar polas aldeas dos arredores; un traballo difícil, polo esforzo que conlevaba.O traballo diario das campesiñas galegas pasaba, así mesmo, polo fiado do liño. Esta era unha actividade considerada especificamente feminina e auxiliar na economía familiar. Fiábase co fuso e coa roca porque o carácter portátil de ámbolos instrumentos permitía compaxinar o fiado con outras tarefas coma, por exemplo, o coidado do gando. A familia extensa onde conviven nunha mesma casa os avós, os pais e os fillos é característica frecuente nunha sociedade de orixe eminentemente tradicional como a do campo galego. A muller vai vivir á casa do home que será o herdeiro, entra en competencia directa coa sogra no goberno dela e moitas veces vese supeditada e relegada a facer o que a sogra manda. Son moitas as mozas que aducen unha razón fundamental para non casar na aldea, precisamente a de que isto significa casar con toda a familia do home e vivir en casa allea.Non cabe dúbida que o papel da muller na agricultura evoluciona en función dos cambios habidos na sociedade en xeral que inflúen de maneira directa sobre a vida rural.O cambio tamén chegou ás casas. Vívese mellor pois hai máis servicios. Agora hai máis electrodomésticos, luz e auga, cuartos de baño, televisións, incrementouse o parque de automóviles.O traballo no campo é máis levadeiro, antes todo se realizaba a man, labrábase a man, segábase a man, muxíase a man, agora xa non se necesita tanta man de obra, a maquinaria sustituína e fixo as labores máis cómodas.Nota do Editor:


Fontes: - "O Traballo extradoméstico da muller galega, 1900-1936" de Xosé Vicenzo Freire Lestón.- "Textos para a historia das mulleres en Galicia" de Mª Xosé Rodríguez Galdo et al.- "Educación e socialización da muller na Galicia rural" de Rita Gradaílle Pernas.- "Antropología cultural de Galicia" de Carmelo Lisón Tolosana.


FILLOS DE GALICIA.ORG

No hay comentarios:

Publicar un comentario