viernes, 10 de abril de 2009

A crise ameaza con atrasar aínda máis a idade de maternidade en Galicia

O paulatino atraso da maternidade provocou nos últimos anos un aumento das mulleres que dan a luz a partir dos 40 anos en Galicia, ben sexa para aumentar a familia ou para experimentar por primeira vez a experiencia de ser nai.

Segundo o último estudo sobre o 'Movemento natural da poboación' que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE), un total de 931 bebés foron concibidos por mulleres con idades comprendidas entre os 40 e os 49 anos en 2007, fronte aos 373 de 1997.

Se hai dous anos estas cifras supoñían o 4,2% de dos 21.752 nacementos rexistrados na comunidade, na década pasada foron só 2% do total de partos.Dado o actual contexto económico, esta tendencia podería verse agudizada, xa que os expertos vaticinan que a maternidade non escapará ao embate da crise, tanto pola necesidade de encontrar ou de consolidar un posto de emprego, coma pola diminución das taxas de inmigración.


O peso da inmigración

'É evidente que a crise levará consigo un atraso na idade, ademais de diminuir as taxas de maternidade '' ', explica o xinecólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Manuel Macía Cortiñas, quen sinala que na zona do Levante e en Madrid, onde o 50% dos partos son de nais estranxeiras, este fenómeno 'é unha realidade '' '.

Polo momento, o peso deste colectivo nas maternidades galegas limítase ao 6,7% do total de nacementos, ao contabilizarse 1.471 alumeamentos de nais foráneas en 2007.


Atraso do reloxo biolóxico

A idade media das novatas galegas evolucionou na última década dende os 29,67 anos de 1997 ata superar os 31,4 anos en 2006, segundo a última estatística do INE. Esta tendencia mantense á marxe das recomendacións médicas que sitúan entre os 25 e os 35 anos o período de maior fertilidade na muller.'A partir dos 35 o corpo estase a preparar para outra cousa, que é a menopausa '' ', remarca a presidenta da Asociación Española para Problemas de Infertilidade CERES, María José González.A representante deste colectivo, indica que a partir desa idade 'se producen máis abortos, mesmo no quinto ou sexto mes de embarazo '' ' xa que as mulleres son máis vulnerables a condicionantes como o estrés. Outra proba de que o reloxo biolóxico xa non está para este tipo de probas é que a fémina tarda máis tempo en quedar en estado. Segundo apunta González, o proceso adoita dilatarse entre un ou dous anos.



Alteracións na xestación

Estes problemas de fertilidade débense tanto á maior frecuencia de problemas de mala ovulación, a endometrosis ou a presenza de quistes ováricos, como á baixo calidade do esperma dos homes cando alcanzan unha determinada idade.Nesta liña, o doutor Macía incide en que problemas como a hipertensión, a diabete ou as lumbalxias 'son patoloxías moito máis frecuentes '' ' cando a nai supera os 40, o que pode 'complicar' ' o curso do embarazo. A maior idade materna tamén auemnta a incidencia de anomalías cromosómicas como a síndrome de Down.Os partos prematuros son outro dos problemas aos que se ven expostos as mulleres maiores de 40 anos. O xinecólogo do Clínico de Santiago expón que o nacemento de nenos con menos de 37 semanas de xestación se dá tanto de forma espontánea como inducida polos especialistas. 'Ante patoloxías como a hipertensión temos que conducilas a unha terminación precoz do embarazo para evitar secuelas fetais' ', expón o profesional.Segundo os últimos datos publicados polo INE, preto do 10% dos partos de nais maiores de 40 anos foron prematuras, unha porcentaxe que se sitúa no 6,4% entre os 25 e os 35 anos, a idade ideal para dar a luz un bebé.


Concertación laboral

'Non' é 'natural que exista esta porcentaxe de partos en mulleres de corenta e tantos anos. Trátase dun artificio desenvolvido pola sociedade '' ', explica o especialista en Obstetricia, alertando contra as mensaxes 'confusas' ' que insisten en que se pode ser nai 'a calquera idade' '.Ao seu xuízo, para que a sociedade galega alcance unha 'media de idade de maternidade máis fisiolóxica '' ' precisaríase de políticas públicas destinadas a favorecer 'a concertación laboral e estudantil coa xestación' '.

Fonte: El Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario