sábado, 11 de abril de 2009

Galicia é a segunda comunidade cunha maior suba salarial


Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incremento salarial nos convenios asinados ata marzo, ao rexistrar unha media dun 3,58% de suba, segundo Comisións Obreiras. Só Asturias, cun incremento salarial do 3,63%, ten un nivel máis alto. Detrás de Galicia encóntrase A Rioxa, cun 3,51%. A suba media nacional é actualmente dun 2,7%, aínda que 14 das 17 comunidades recollen subas salariais superiores a esta media.Case a metade dos 2.811 convenios colectivos rexistrados no primeiro trimestre prevían unha suba salarial de entre o 2,01% e o 3,5%, con efectos sobre sete de cada dez traballadores que tiñan asinado o seu convenio a finais de marzo. Dos 6.234.446 traballadores protexidos por convenios pactados ata marzo, o 68,38% tiña recollido un incremento salarial de entre o 2,01% e o 3,5%.

No hay comentarios:

Publicar un comentario