A rede de comercio rural é un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio co obxectivo central de frear a tendencia de peche de establecementos comerciais do rural e manter servizos á poboación residente e turista. É así mesmo un punto de referencia de comercialización de produtos locais no rural.
OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS DA REDE
- Frear a tendencia de peche de establecementos comerciais no rural.·
- Adaptar a oferta de produtos e servizos dos establecementos ás novas formas de consumo do rural.·
- Mellora na calidade do servizo e atención ao cliente.·
- Apoiar a innovación comercial e a xestión moderna.·
- Atracción de novos clientes no comercio rural: visitantes e turistas.·
- Dinamizar a economía do rural.·
- Ofrecer unha canle de distribución dos produtos locais contribuíndo ao desenvolvemento da economía das zonas rurais.·
- Facilitar a inserción das mulleres ao mercado de traballo no rural, tendo en conta que o comercio rural supón unha importante fonte de emprego para as mulleres, xa que o 64% das comerciantes son mulleres.·
- Dotar de servizos tecnolóxicos ao rural, cun punto de acceso a internet nos establecementos.
OBXECTIVOS OPERATIVOS DA REDE DE COMERCIO RURAL
- Deseñar dun establecemento multiservizo viábel no rural.·
- Coordinar e promocionar conxuntamente os establecementos adheridos á Rede.
PROCESO A SEGUIR
ONDE PODEN SITUARSE OS ESTABLECEMENTOS DA REDE DE COMERCIO RURAL?
Poderían adherirse á rede de comercio rural os comercios ou emprendedores situados en todo o territorio agás nos núcleos de poboación de máis de 1500 habitantes situados en concellos de máis de 5000 habitantes.Para confirmar este requisito, cando existan dúbidas da poboación do núcleo, o concello correspondente emitirá un certificado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario