viernes, 10 de abril de 2009

PROPIEDADES TERAPEUTICAS DO MEL


De entre as bondades do mel cabe resaltar a importancia da súa actividade bactericida contra organismos enteropatógenos causantes de infeccións do tracto intestinal, comúns a todas as idades.



En estudos in vitro de Heliocobacter pilori (unha das causas de gastrite), demostrouse que esta bacteria é inhibida por unha solución de mel ao 20%. En experiencias con pacientes anémicos a administración dunha dieta branda e 30 ml de mel tres veces ao día resultou ser un remedio efectivo nun 66% dos pacientes e ofreceu alivio a outro 17%.


En tratamentos de gastroenterite bacterial encontrouse que o mel diminúe a duración de diarrea causada por organismos tales como Salmonella, Shigella e a E. Colli. Os investigadores recomendan ao mel como un substituto seguro da glicosa. Ademais, o alto contido de azucres significa que pode ser usada para promover a absorción de sodio e auga no intestino.


O consumo de mel reduce a secreción de ácidos gástricos. Probas realizadas en persoas e animais demostraron unha taxa de restablecemento do 80% de 600 úlceras gástricas e nos exames radiolóxicos observouse que as úlceras desapareceron nun 59% dos casos.



Un estudo recente en animais demostrou que o uso de frutuosa (azucre abundante no mel) previa á inxestión de etanol brinda protección contra o dano gástrico e inverte os cambios no PH inducidos polo etanol. En tratamentos clínicos posteriores concluíuse que a frutuosa podería ser beneficiosa para diminuír a duración da intoxicación alcohólica.


Outra das aplicacións beneficiosas deste maravilloso regalo da natureza é a súa utilización como unguento en feridas porque non é irritable, non é tóxico, é estéril, bactericida, nutritivo, doadamente aplicable e máis confortable que outros unguentos.


Polo seu poder endulzante estanse realizando estudos para utilizar o mel en axudas para diabéticos xa que a frutosa é absorbida máis lentamente polo tracto gastrointestinal que a glicosa e é incorporada máis rapidamente polo fígado. Os niveis de azucre no sangue aumentan minimamente despois da inxestión de frutuosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario