O custo de produción de leite en España sitúase entre 0,41 e 0,43 euros por litro. O prezo que se paga aos produtores galegos, de 0,395 euros por litro, é o máis baixo de todo o país.
Os custos de produción do leite seguen unha tendencia á alza e sitúanse xa entre 0,41 e 0,43 euros o litro, mentres que os prezos en orixe que percibe os gandeiros galegos foron de 0,395 euros/litro no mes de marzo, por baixo da media nacional (0,419). Así, o prezo que se paga aos produtores en Galicia é o máis baixo de toda España, inferior ao que reciben os gandeiros en Cantabria, (0,401 euros por litro), Andalucía (0,457 euros/litro), Asturias (0,419), Castela-A Mancha (0,412), Cataluña (0,430), Madrid (0,451), Castela-León (0,409) e Navarra (0,415) e Aragón (0,398). Este anuncio foi realizado hoxe polo director xeral da Federación Española de Empresarios Produtores de Leite (PROLEC), Carlos Gil, no transcurso dunha xornada informativa celebrada no Mercado de Gandos de Torrelavega, coa asistencia de máis de medio centenar de produtores de toda Cantabria.
Para Carlos Gil, estes descensos dos prezos son "inxustificados", pois considera que "non hai razóns obxectivas" para que os prezos baixen, xa que en España persiste o problema de escaseza de leite do ano pasado e os gandeiros continúan cunha tendencia de custos á alza. Pola contra, Gil asegurou que os prezos "non só deberían sosterse, senón que terían que incrementarse de face ao verán", informou hoxe PROLEC en nota de prensa. Ademais, Gil anunciou tamén a integración de PROLEC na European Milk Board (EMB), unha organización europea que agrupa a máis de 90.000 gandeiros de toda a UE.
Ao seu xuízo, a entrada de PROLEC en Europa "é un paso" máis para defender os dereitos dos gandeiros españois "e debería supor a posta en marcha dun mercado regulado polos produtores". A reunión de hoxe en Torrelavega permitiu desenvolver as III Xornadas de Formación SCHERING-PROLEC, ás que asistiron máis de medio centenar de produtores de leite procedentes das zonas cántabras con maior concentración gandeira.
Durante os meses de abril e maio, PROLEC e SCHERING-PLOUGH celebrarán 15 reunións repartidas entre Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid e Navarra. Máis de 6.000 gandeiros e veterinarios de toda España están convocados a participar nas III Xornadas de Formación SCHERING-PROLEC, ás que se prevé a asistencia de máis de 1.000 produtores de leite e veterinarios.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario