lunes, 1 de febrero de 2010

AOS MEUS AMIGOS
















































Aos meus amigos débolles a tenrura
e as palabras de alento e o abrazo,
compartir con todos eles a factura
que nos presenta a vida paso a paso.

Aos meus amigos débolles a paciencia
de tolerarme as miñas espiñas máis agudas,
os arrebatos do humor, a neglixencia
as vaidades, os temores e as dúbidas.

Un barco fráxil de papel
parece ás veces a amizade,
pero xamais pode con el
a máis violenta tempestade.
Porque ese barco de papel
ten aferrado ao seu leme,
por capitán e temoneiro...
un corazón!

Aos meus amigos débolles algún enfado
que perturbase sen querer a nosa harmonía,
sabemos todos que non pode ser pecado
discutir algunha vez por parvadas.

Aos meus amigos legarei cando me morra
a miña devoción nun acorde de guitarra,
e entre os versos esquecidos dun poema
a miña pobre alma incorrixible de cigarra.

Un barco fráxil de papel
parece ás veces a amizade,
pero xamais pode con el
a máis violenta tempestade.
Porque ese barco de papel
ten aferrado ao seu leme,
por capitán e temoneiro...
un corazón!

Amigo meu se esta copla como o vento
onde queiras escoitala reclámate,
serás plural porque o esixe o sentimento
cando se levan os amigos na alma.

CORTAZAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario