NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
lunes, 1 de febrero de 2010
As pensións de viuvez galegas son as que menos creceron na última década
Galicia non consegue abandonar o vagón de cola das pensións. Sucede coas de xubilación e tamén coas de viuvez, que continúan sendo as máis baixas de España a pesar de que a súa contía media mensual incrementouse 200 euros na comunidade desde o ano 2000. E é que o aumento é o menor de todo o Estado, onde a media foi de 236 euros, co que a brecha segue sen reducirse.
Os 182.200 galegos --o 90% mulleres-- que perciben unha pensión concedida a raíz do falecemento da súa parella cobran, de media, pouco máis de 477 euros ao mes. Atendendo aos datos de xaneiro do Ministerio de Traballo, en ningunha outra comunidade a cifra segue por baixo dos 500 euros, e, de feito, a media estatal rolda os 569. Á cabeza está Euskadi, destacada con 670.
As diferenzas non só son importantes entre unhas e outras autonomías, senón tamén dentro de Galicia. Tanto, que a distancia entre as máis baixas (as de Lugo) e as maiores (A Coruña) supera os 100 euros. Os case 30.000 viúvos lucenses con pensión cobran de media 405 euros ao mes, a contía máis baixa de España. A segunda pola cola tamén é galega, a de Ourense, de 417. Entre tanto, Pontevedra supera lixeiramente os 500 euros e A Coruña os 512.
A pesar de seguir sendo as máis baixas, todas creceron de forma importante na última década. Ás revalorizacións anuais hai que engadir alzas derivadas de cambios na normativa. A porcentaxe de soldo ou pensión do falecido que percibe a súa parella elevouse entre os anos 2002 e 2004 do 45% da base reguladora ao 52. En caso de ter cargas familiares e ingresos baixos pode chegar ao 70%.
Máis viúvos que receptores de prestacións
Así as cousas, se as pensións de viuvez galegas son as menores de España e as que menos crecen é polas baixas bases reguladoras dos traballadores da comunidade, nuns casos polo limitado dos salarios e noutros por corresponder a autónomos, cun peso en Galicia moi superior ao que teñen no Estado.
''Antes a xente cotizaba moi pouco ou esperaba'', explica a presidenta da Federación Galega de Viúvas, Aurora Carro, que alerta da ''situación complicada'' dalgúns dos receptores das prestacións máis reducidas. Están nese grupo os 3.700 viúvos galegos que cobran as do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez, por baixo dos 322 euros de media.
Pero tamén hai quen non perciben nin sequera esa cantidade, na maioría dos casos porque ''o cónxuxe non estaba dado de alta na Seguridade Social ou non cotizara o tempo suficiente'', como sinala Carro. Segundo a Enquisa de Poboación Activa, en Galicia hai uns 230.000 viúvos, 48.000 máis que receptores da pensión. Habería que sumar, ademais, as persoas que perderon á súa parella de feito, que poden obter a prestación desde 2008.
A máis idade, menos pensión
Os viúvos maiores de 85 anos --un de cada cinco receptores da prestación-- son os que teñen as pensións máis baixas. A media española nese tramo de idade é de algo máis de 480 euros. En Galicia aínda é bastante inferior.
Os últimos datos galegos por idades son de 2005, cando a pensión media na comunidade era de 381,5 euros, cifra que só superaban os menores de 75 anos. A partir dos 85 apenas alcanzaban os 305. Tamén son importantes as diferenzas por xénero, xa que a prestación media dos homes é ao redor dun 23% menor que a das mulleres.
Posibles cambios en contía e duración
''Modernizar e adecuar estas prestacións ás novas situacións sociais'' é un dos obxectivos da proposta de reforma do sistema da Seguridade Social divulgada a semana pasada polo Goberno central. Aínda que no seu informe non concreta os cambios, si apunta por onde pode ir a súa aposta para modificar unhas prestacións nas que inviste 1.298 millóns de euros ao mes e que chegan a máis de 2.280.000 persoas.
Así, o Executivo expón a conveniencia de estudar a posibilidade de substituír a pensión vitalicia por unha indemnización en pago único ou unha prestación temporal nos casos de convivencias familiares breves e sen descendentes. Isto sería para ''os nados nas últimas décadas''.
Entre outras liñas a seguir, o Executivo central defende introducir ''melloras nas situacións máis vulnerables'' e propón para iso establecer ''unha relación máis flexible'' entre as rendas do traballo e a prestación de viuvez, que sirva para paliar as dificultades económicas das persoas que só reciben unha renda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario