Miles de quilos de butelo partiron onte da feira fonsagradina cara a distintos puntos de Galicia, Asturias e León. Os produtores non se amedrentaban ante a demanda, xa que este ano non quixeron quedar curtos na produción e aseguráronse importantes partidas de butelo para a xornada de hoxe. O xerente da Fundación Comarcal da Fonsagrada, Francisco Javier Pérez, confirmaba onte pola tarde o éxito do primeiro día da quinta Feira do Butelo.
Pérez asegurou que máis de 8.000 persoas visitaron onte o recinto e puideron comprar miles de quilos de produto posto á venda, cuxo prezo oscilou entre os 9 e os 12 euros (1.997 pesetas), dependendo da súa elaboración e da tripa empregada.
As transaccións foron superiores ás rexistradas o ano pasado, e nesta ocasión, a oferta doutro tipo de produtos de artesanía, fotografía, viño, mel e outros, foi tamén superior. Nun dos postos celebrouse unha degustación.
Programa
A feira volverá abrir hoxe as súas portas, a partir das 10.00 horas, para pechar os postos sobre as oito da tarde. Manterase unha carpa de 600 metros cadrados onde se atopan 19 casetas con produtos.
Os visitantes terán ocasión de coñecer outros recursos gastronómicos e paisaxísticos da comarca

No hay comentarios:
Publicar un comentario