viernes, 5 de febrero de 2010

FEIRA DO BUTELO 2003 A sexta Feira do Butelo bate marcas de público e postos na Fonsagrada












As vendas no mercado, que será clausurado na xornada de hoxe, foron elevadas

A sexta edición da Feira do Butelo, que comezou onte na Fonsagrada, bate todas as marcas en canto a asistencia de público e tamén no que respecta á presenza de postos de venda deste tradicional embutido do porco. Fuentes da Fundación Comarcal, organizadora do feiral, destacaron a gran concorrencia que houbo na primeira xornada e preven para hoxe un novo abarrote na localidade.
Este ano están presenta corenta produtores de butelos. Na alameda foi instalada unha carpa para acoller aos distintos postos entre os que figuran os de artesanía diversa. O espazo habilitado tivo que ser aumentado este ano en 200 metros cadrados máis en relación coa edición anterior. En total o recinto ten 800 metros.As vendas foron moi elevadas e algúns vendedores poderían esgotar hoxe as existencias. O prezo medio do quilo foi de 11 euros.



Centenares de persoas esgotaron os 3.000 quilos de butelo na Fonsagrada
Notable éxito de público e venda na terceira edición da Mostra de Aceite de QuirogaA sexta edición da Feira do Butelo da Fonsagrada foi a máis concorrida de todas as celebradas ata a data. O xerente da Fundación Comarcal, Francisco Pérez Novo, indicou que ás cinco da tarde esgotáronse os tres mil quilos que se puxeron á venda deste embutido nos catro postos de produtores da comarca fonsagradina.




Pérez subliñou que unha das razóns argumentadas para este éxito foron os centenares de persoas que acudiron ata a localidade procedentes maioritariamente de toda a xeografía galega, de Asturias, de León e doutras localidades do noroeste peninsular. Durante boa parte da xornada brillou o sol, o cal colaborou nesa notable asistencia de público.Baixo a carpa de 800 metros cadrados, que estivo aberta ata as oito da tarde, tamén había outros 36 expositores con diferentes produtos de artesanía e de alimentación, entre os que destacaban as filloas, sidra e viño. As vendas de todos eles tamén foron moi importantes, pero os vendedores indicaron que o mellor non foran as transaccións senón o labor promocional para futuras compras.Os oito restaurantes da localidade da Fonsagrada, que ofrecían menús nos que o butelo era o principal ingrediente, rexistraron unha gran actividade durante toda a xornada. A Fundación Comarcal comprometeuse a seguir apoiando aos restaurantes locais e aos produtores deste embutido nas próximas edicións desta feira.A xornada estivo amenizada pola música tradicional do grupo de gaitas local Antaruxas e Sorteiros. Á unha da tarde tivo lugar a visita oficial á feira, coa o asistencia do director xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal, os delegados de Presidencia, Educación e Xustiza, así como os alcaldes da Fonsagrada, Baleira e Navia de Suarna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario