lunes, 1 de febrero de 2010

Lembranzas

Onte fun a miña aldea. Invadiume a tristura. Lembrei a miña nai decíndome adeus na porta, en ocasións con bágoas nos ollos. Eu non lle quería máis a miña nai que lle queren ou querían os outros a súa e teño que asumir que é un momento duro, moi duro, nunca pensei que fora tan duro.
Non sei, para min -como para todas e todos- a nosa nai é un consolo, un regazo ante problemas que en moitas ocasións non teñen solución, batallas da vida, unhas perdidas e outras gañadas.
A soidade que sinto pola morte da miña nai non foi a única herdanza que me deixou ó morrer. A ela débolle o sentido de solidaridade, moi primitivo pero solidaridade.
Namentres a tiña nunca imaxinei que esto puidera ocorrir coa morte dunha nai.
Cando a outros lles morre un ser querido sempre lles dís: "A vida é así", pero para un mesmo este consolo non vale. A falla a súa falla énchenos de amargura e de recordos. Pero despois de todo onte cando eu marchaba para Cambre ela non estaba e eso era o importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario