jueves, 29 de abril de 2010

Galicia gañou 722 habitantes en 2009 grazas á inmigración




Galicia gañou 722 habitantes durante 2009 e pechou o ano cun total de 2.796.811 residentes no padrón municipal, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). É o sexto ano consecutivo no que Galicia incrementa a súa poboación, aínda que isto se debe case exclusivamente á chegada de 2.585 novos inmigrantes á comunidade.Aínda que son provisionais, os datos do INE confirman a mesma tendencia de anos precedentes: as provincias atlánticas (A Coruña e Pontevedra) son as máis dinámicas e conseguen atraer poboación, mentres que as do interior (Lugo e Ourense) seguen perdendo habitantes ano tras ano. Isto volveu suceder en 2009, aínda que a poboación practicamente tense estancado.Segundo o organismo estatístico do Goberno, as provincias de Pontevedra e A Coruña gañaron o pasado ano 2.593 e 556 habitantes, respectivamente. No lado oposto, Lugo sofre unha brutal caída (1.944 veciños menos), mentres que o descenso na provincia de Ourense é máis suave: 483 habitantes.


Crise demográfica


Pero a crise demográfica que rexistra Galicia afectou con maior dureza o pasado ano a tres comunidades españolas (Castela e León, Asturias e Aragón), que perderon habitantes respecto ao ano anterior. Todas elas comparten con Galicia características similares, como un elevado índice de envellecemento e de despoboamento rural.En conxunto, España incorporou 205.725 veciños o pasado ano e xa conta con 46,95 millóns de persoas empadroadas. Os maiores incrementos rexistráronse en Baleares, Madrid, Murcia e Navarra, que lograron incrementar as súas cifras de poboación nun 0,9%.


O 3,9 son estranxeiros

Se Galicia logrou evitar a perda de poboación en 2009 foi grazas á chegada de residentes estranxeiros á comunidade. O pasado ano empadroáronse 2.585 inmigrantes, o que representa un incremento do 2,4% en relación ás cifras de 2008.Segundo os datos do INE, Galicia mantense como a segunda comunidade con menor porcentaxe de poboación estranxeira residente. Os 109.222 foráneos empadroados na comunidade apenas representan o 3,9% ou da poboación total. Só en Estremadura (3,5%) a inmigración ten un menor peso.Con todo, as estatísticas confirman que estas comunidades son agora as que están a recibir con máis forza a residentes doutros países. De feito, en catro comunidades (Valencia, A Rioxa, Castela e León e Aragón) reduciuse a presenza de estranxeiros.A 1 de xaneiro de 2010, España conta con 5.708.940 estranxeiros empadroados, o que representa o 12,2% da poboación española. No último ano chegaron ao país máis de 60.200 foráneos, un 1,1% máis que o ano anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario