jueves, 29 de abril de 2010

O alcalde da Fonsagrada estuda convocar unha manifestación contra o encoro










O Concello da Fonsagrada perdirá ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a retirada da concesión para a construción do encoro do Navia, que alagaría 1.065 quilómetros cadrados da localidade asturiana de San Antolín de Ibias e dos municipios lucenses de Navia de Suarna e A Fonsagrada.

Trasladarase esta petición despois de que o pleno da corporación acordase por unanimidade oporse a esta central hidroeléctrica, que se situaría na marxe esquerda do río Navia, en terreos da Fonsagrada.

O alcalde, o socialista Argelio Fernández, concretou que ademais requirirán que se lles remita "o documento completo" tras a modificación do estudo de impacto ambiental sobre este proxecto, para poder "examinalo e presentar as oportunas alegacións".

Este concello súmase ao de Navia, na súa oposición a esta infraestrutura hidráulica participada por Hidroeléctrica do Cantábrico e Electra do Viesgo, tras recuperar, recentemente, unha concesión de 1952.

O rexedor fonsagradino non descartou promover mobilizacións e manifestacións dos seus veciños contra este encoro. "Sempre estaremos desde o concello en defensa dos intereses dos nosos veciños e faremos o que sexa necesario chegado o momento para defender os intereses da Fonsagrada", advertiu.
Argelio Fernández precisou que unha terceira parte do encoro alagaría este municipio, "afectando a bens importantes e ao futuro dunha zona que a climatoloxía cambiaría", esgrimiu.

ALEGACIONS DE NAVIA DE SUARNA

OPOSICION FRONTAL DA DEPUTACION

O ALCALDE DE NAVIA AMENAZA CON PROTESTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario