lunes, 5 de abril de 2010

O alcalde asegura que o 20% da Fonsagrada aínda non ten cobertura de TDT




Este venres é o día D. Producirase o apagamento analóxico. A televisión convencional pasará á historia. Sucédelle a dixital. Este proceso de transición iniciouse en toda Galicia en xaneiro pasado, excepto na Fonsagrada, onde xa se aplicou en 2008 como experiencia piloto a nivel de todo o Estado. Dous anos despois neste municipio da montaña lucense aínda se rexistran problemas técnicos.

O alcalde da Fonsagrada, o socialista Argelio Fernández, asegurou este mércores, en declaracións a axénciaa EFE, que neste concello a cobertura de TDT alcanza ao 80 % da poboación.
Argelio Fernández detallou que o sinal dixital non se recibe nas parroquias de Piñeira e Freixo, en aldeas do val de Burón e noutras que se atopan "de costas" ao repetidor de Muradal, polo que considera que se deben habilitar máis centros de extensión de cobertura para garantir o servizo.
"Fomos unha comarca piloto e esperamos que, con pouco tempo de diferenza, co apagamento analóxico, todos os fonsagradinos poidan gozar desta televisión", afirmou este rexedor municipal.
A Xunta sostén que, cando conclúa o proceso, a cobertura da TDT na provincia de Lugo alcanzará ao 98 % da poboación. O resto recibirá o sinal vía satélite. A administración autonómica contempla axudas para colectivos con risco de exclusión social e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio repartirá gratuitamente polo menos 38.000 equipos. Se os lucense afectados non se poden acoller a ningunha destas dúas opcións, a adaptación na súa casa dunha parabólica e un receptor pode custar uns 400 euros, segundo instaladores autorizados consultados.
Aos catro ventos (5 de abril de 2008)
Centos de persoas se congregaron hoxe na carpa instalada na praza do Museo da Fonsagrada (Lugo) para despedirse definitivamente da televisión analóxica. Culmina así o plan piloto de implantación de televisión dixital terrestre (TDT), iniciado fai un ano, e co que os fonsagradinos din adeus á "canle única".A implantación da TDT neste concello do interior galego supón a incorporación de novas audiencias para boa parte das canles, xa que ata agora, só estaba asegurada a recepción da televisión pública, e non sempre coa calidade desexada."Hai máis de 50 anos que a televisión chegou a España, pero a algunhas aldeas aínda non chegara no século XXI", recordou o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, quen sinalou que a TDT permite recibir gratuitamente máis de 20 canles con calidade de imaxe similar á dun DVD, son estéreo e servizos interactivos "sen interferencias, pantallas nevadas ou dobres imaxes".

No hay comentarios:

Publicar un comentario