jueves, 29 de abril de 2010

A poboación galega aumentou en 722 persoas no último ano






O padrón de Galicia pasou de 2.796.089 residentes a primeiro de xaneiro de 2009 a 2.796.811 un ano despois, segundo o avance do padrón municipal dado a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
De acordo con estes datos provisionais, a poboación española incrementouse no mesmo período en 205.725 persoas, co que se situou en 46.951.532 residentes.
As Comunidades autónomas con maiores incrementos en termos absolutos foron Madrid, con 58.5678; Andalucía, con 50.920 e Cataluña, con 29.461 residentes máis, mentres que decreceron Castela e León, que perdeu 7.806 habitantes; Asturias, 1.180 persoas menos e Aragón, -54 residentes.
En canto á presenza de estranxeiros, Galicia é a segunda Comunidade, logo de Estremadura, con menos residentes procedentes de fóra do país, 109.222 persoas, que representan un 3,9 % do conxunto, e que se viron incrementadas en 2.585 sobre xaneiro de 2009, cando representaban o 3,8 por cento da poboación galega.
Os datos coñecidos hoxe son un avance provisional

No hay comentarios:

Publicar un comentario