Se a análise municipal dos datos do paro mostra a debilidade dalgunhas comarcas fronte aos efectos da recesión, o mesmo estudo realizado por sectores mostra que foi a industria a actividade que máis emprego perdeu no ano e medio que a crise leva azoutando o mercado laboral da comunidade, ao destruír un 15% dos seus postos de traballo (32.700), por diante da agricultura e a construción (onde se eliminou un de cada dez empregos existentes antes da crise) e do sector servizos, onde o número de colocacións caeu un leve 2,3%.
Pola súa banda, en canto a segmentos de poboación, foron os mozos os máis afectados por unha caída da actividade, á que as empresas responderon recortando emprego eventual. Desta forma, dos 81.700 asalariados que perdeu Galicia en ano e medio, máis do 83% eran menores de 35 anos, mentres que para os maiores de 45 anos creáronse 6.200 empregos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario