A taxa de paro en Galicia situouse no 15,46 por cento no primeiro trimestre con 200.600 parados, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
No último ano os parados en Galicia aumentaron en 37.900 parados segundo a EPA, e en relación ao trimestre anterior, os parados aumentaron na comunidade en 32.200 persoas.
No conxunto de España, o desemprego aumentou en 286.200 persoas no primeiro trimestre ata os 4.612.700 parados e situou a taxa de paro no 20,05%, a máis alta desde o cuarto trimestre de 1997.
En Galicia, a taxa de paro feminino é case dous puntos superior á masculina, cun 16,50 fronte ao 14,58 dos homes.
A taxa de ocupación situouse no primeiro trimestre na comunidade no 54,41 por cento, con 1.097.100 ocupados, 41.800 menos que o trimestre anterior e 71.400 menos que hai un ano.
Tamén neste aspecto, as mulleres presentan unha taxa inferior aos homes, cunha taxa de actividade do 47,79 por cento, fronte ao 61,66 dos homes.
Estes datos confirman os adiantados o pasado martes por un erro informático do INE, que reflicten un aumento da taxa de paro de 1,2 puntos respecto ao trimestre anterior, en tanto que no último ano o número de persoas en paro aumentou en 602.000.
A 31 de marzo o número de ocupados era de 18.394.200 persoas, o máis baixo desde o cuarto trimestre de 2004, o que supón 251.800 menos que no trimestre anterior e 696.600 menos que un ano antes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario