NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
miércoles, 21 de abril de 2010
O 59% dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes
Case o 59% dos galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes e case un 40 non se permiten gastos extra, así se reflicte na 'Enquisa conxuntural a fogares' elaborada polo Instituto Galego de Estatística e presentada en Santiago polo director do organismo, José Antonio Campo Andión.
O estudo recolle datos do primeiro trimestre deste ano, sendo moitos deles a primeira vez que se analizan, como a situación económica dos fogares ou as medidas de aforro adoptadas. Para a súa elaboración, fixéronse enquisas presenciais e telefónicas en 1.104 fogares galegos.
Deste xeito, un 45,28% dos enquisados aseguraba que tiña algunha dificultade para chegar a final de mes, mentres que un 13,27 aseguraba que tiña moitas dificultades. Pola contra, o 41,46% restante tiña facilidade ou moita facilidade.
Así mesmo, o grao de dificultade para chegar a fin de mes está condicionado polos ingresos que entran en cada fogar. Así, máis dun 82% dos fogares con ingresos inferiores a mil euros teñen dificultades, fronte a só o 26,39% dos fogares con ingresos superiores a 2.000 euros. Ademais, un 22,33% dos galegos están a pagar neste momento a súa vivenda, mentres que un 12,72 están a pagar o seu coche.
Medidas de aforro
Ante a crise, moitas familias decidiron adoptar algún tipo de medida de aforro. Así, case un 40% dos fogares galegos non se permitiron ningún gasto extra no último trimestre, como vacacións, saír a cear ou contratar novos servizos para a súa casa, entre outros.
En canto ás medidas destinadas a aforrar gastos, un 42,12% das familias cambiaron os seus hábitos de compra, pasando a consumir marcas brancas ou produtos de oferta. Case outro 23% reduciu os gastos comúns, como roupa ou calzado.
Nun 6,22% dos fogares algún membro da familia tivo que porse a traballar ou aumentar a súa xornada laboral. Un 5,08 das familias tivo que recibir axuda económica de familiares ou amizades. Ademais, un 4,48% tivo algún atraso no pago de recibos de obrigado cumprimento, como hipoteca, aluguer, préstamos, gas ou auga.
Sobe a confianza dos consumidores
Máis positivos son os indicadores de confianza dos galegos. Así, no primeiro trimestre de 2010 a confianza dos consumidores aumentou en 3,2 puntos respecto ao trimestre anterior. Tamén subiu o índice de sentimento dos galegos, neste caso en algo máis de sete puntos.
A confianza varía en función do intervalo de ingresos de cada fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos, así como aqueles en os que todos os seus membros activos están no paro. Os datos tamén son máis negativos nos municipios pequenos, mentres que nos grandes son claramente positivos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario