Os lobos devoraron o xoves pola noite un tenreiro nunha granxa da parroquia da Trapa, na Fonsagrada, e na madrugada do sábado atacaron a outro nunha explotación situada a cincocentos metros de onde actuaran a noite anterior. O ‘xato' ferido tivo que ser atendido polo veterinario.
Os gandeiros de Vilalba e Labeada, onde se produciron os sucesos, mostrábanse o sábado 3 de marzo alarmados pola presenza do lobo nesta zona, primeiro porque non é habitual e segundo, porque os ataques se rexistraron dúas noites consecutivas. Ademais, manteñen que, polo menos, o primeiro ataque foi protagonizado por toda unha manada e non só por un exemplar, xa que do tenreiro só quedaron os ósos.
Os afectados puxeron os feitos en coñecemento de Medio Rural, cuxos técnicos visitaron a zona.
Os veciños aseguran que non se trata de cans asilvestrados e manteñen que hai probas da presenza de lobos, xa que deixaron excrementos e pelos.
«Esta noite (pola do sábado) imos vixiar o gando, porque os danos xa non son só as cabezas mortas ou feridas, senón as vacas que teñen abortos pola tensión», explica un dos afectados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario