O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, reuniuse este mércores co director general de Desarrollo Sostenible del Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Jesús Casas, nunha xuntanza na que, entre outras cuestións, analizáronse medidas de conservación de recursos naturais ameazados en reservas da biosfera como a Oscos-Eo-Burón.
Un dos temas tratados foi a proposta do convenio para as reservas da biosfera Xurés-Gêrés e Río Eo, Oscos e Terras de Burón. En canto a esta reserva que comparten Galicia e Asturias, a Consellería do Medio Rural formulou unha serie de actuacións encamiñadas á mellora do estado de conservación de recursos naturais ameazados, xunto con accións de comunicación e difusión da reserva, entre outros.
Nesta xuntanza tamén se analizou o estado de execución e previsión da comisión de seguimento do convenio Camiños Naturais, firmado no ano 2007 entre o ministerio e a Xunta. Como resultado, ampliouse o prazo de execución destas obras, que acababa no 2010 e que pasa a finalizar no 2011.

No hay comentarios:
Publicar un comentario