miércoles, 21 de abril de 2010

Unha asociación asturiana reclama catro concellos lucenses para o Principado



O colectivo asturiano Conceyu pola Normalización iniciou unha campaña para promover a incorporación a Asturias dos concellos de Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.

Sosteñen que o territorio que ocupan estes municipios pertenceu a Asturias ata o ano 1834 e que "a provincia de Lugo usurpouno ilegítimamente". Segundo os seus datos, Galicia anexionou estes territorios no século XIX coa oposición da xunta xeral do Principado. O Conceyu pola Normalización é un colectivo nacionalista asturiano presidido polo escritor Xaviel Vilareyo e Villamil. A maior parte da súa actuación céntrase na promoción da lingua asturiana.

Nun comunicado difundido a través de internet, o Conceyu pola Normalización asegura que se dirixiu á Deputación Provincial de Lugo para "iniciar os trámites administrativos encamiñados á devolución destes territorios" a Asturias.

Fontes da Deputación, pola súa banda, aseguraron este martes que non recibiron ningunha comunicación respecto diso e que no rexistro da institución provincial non consta ningunha carta nin solicitude do colectivo Conceyu pola Normalización.

Obispado
A organización asturiana asegura que tamén se dirixiu ao obispado de Lugo para solicitar que ceda ao de Oviedo os arquivos das parroquias comprendidas nestes territorios. Argumentan que estas parroquias se incluíron na diocese de Oviedo desde a súa creación, na época do rei Afonso II.

Fontes do obispado lucense aseguran que tampouco tiveron coñecemento desta petición. Indican, en todo caso, que os arquivos parroquiais non son civís, senón eclesiásticos, e que non dependen da distribución política dos territorios.

Apuntan que os libros parroquiais e o arquivo central da diocese de Lugo está a disposición de quen queira consultalo, sempre seguindo unhas canles establecidas e as pautas da normativa de protección de datos.

Os alcaldes tómano de broma
Os alcaldes dos municipios que reclama Conceyu pola Normalización ven esta iniciativa como unha broma. Aseguran que ninguén se puxo en contacto con eles para informar desta campaña e din que "é de risa".

O alcalde de Negueira, José Mauel Braña, destaca a boa relación da poboación do seu municipio cos veciños asturianos, "pero non hai dúbida de que sentimos galegos".
O alcalde de Ribeira de Piquín, Sabino Díaz, apuntou que no XIX non existía o seu municipio, integrado en Meira e A Fonsagrada, polo que non entende a petición.

O rexedor de Navia considerou impensable o cambio de límites entre comunidades e apuntou, en ton humorístico, que "no 1800 tamén tiñamos colonias en Cuba e non as imos a reclamar agora".

No hay comentarios:

Publicar un comentario