Falece Posada Veiga, que presidiu a Cámara de Comercio e o Breogán
O que fora presidente da Cámara de Comercio e do Club Baloncesto Breogán e edil do Concello de Lugo, o empresario José Mauricio Posada Veiga, faleceu onte, o que causou fondo pesar entre o empresariado lucense.
«Era unha persoa introvertida, tremendamente eficaz, cun sentido común moi grande que o aplicaba a todo e que creou unha época na Cámara que recordan moitos empresarios». Así definiu a Posada Veiga o seu íntimo amigo Eduardo Núñez-Torrón, actual presidente do organismo cameral, que case sempre estivo ligado aos proxectos nos que se embarcou o finado.
A lonxeva traxectoria empresarial de Posada Veiga estivo vinculada ao sector da alimentación. Estivo á fronte de Chocolates Carmiña ata que se xubilou aos 70 anos.
Esta firma familiar, que tiña a súa sede na Rúa Concepción Areal, pechou entón, en 2003, cando contaba con 35 traballadores, tras 56 anos de historia.
Posada Veiga foi durante catro mandatos presidente da Cámara. Con el inaugurouse a actual sede. Un estudo deste organismo contribuíu a que se comezase a comercializar o peixe nos portos da Mariña. Promoveu, xunto coa CEL, a creación de Afigal, que hoxe en día é a quinta sociedade de garantía recíproca de España en volume, cun risco vivo de 280 millóns de euros. E contribuíu a que durante doce edicións consecutivas celebrásese a feira exposición.
Tamén tivo a súa faceta política. Foi edil na primeira corporación democrática do Concello baixo as siglas de Independentes por Lugo. Aínda que só o foi durante 33 días porque se tiveron que repetir as eleccións, tras impugnarlas esta formación e non se volveu a presentar. Repetiu como concelleiro, con Converxencia Nacionalista Galega, entre 1991 e 1995.
DEPORTES

Posada Veiga abanderou a etapa máis doce do Breogán. Con el como presidente o conxunto lucense ascendeu en tres tempadas de segunda división a ACB. Na súa primeira campaña na máxima categoría, con Perico Díaz, Suso Fernández, Manel Sánchez, Jimmy Writgh e Jimmy Allen, entre outros, nas súas filas, clasificouse para disputar unha competición europea, a desaparecida Copa Korac.
Na súa memoria os xogadores do Breogán lucirán crespóns negros no partido que disputarán mañá na Palma e no próximo encontro en casa gardarase un minuto de silencio.
FUNERAL.

Oficio relixioso, esta tarde en San Pedro
A misa de funeral por José Mauricio Posada Veiga, que tiña dúas fillas e tres netos, celebrarase esta tarde, ás 18.00 horas, na igrexa

Carmiña se disolvió para siempre
05/07/2003 LA VOZ DE GALICIA
LA ÚLTIMA tableta de 250 gramos de chocolate familiar a la taza Carmiña se empaquetó a media tarde. Quedó apilada entre cajas con olor a manteca de cacao en la fábrica de la calle Concepción Arenal, en Lugo. Desde el 1 de julio nadie ha vuelto por allí a encender la máquina de embalaje. La empresa de chocolates Carmiña se disolvió para siempre en el tránsito a la jubilación de su actual propietario, Mauricio Posada . Treinta y cinco lucenses engrosan desde el primero de mes las listas del paro.
Muchos más de treinta y cinco se han apurado en los días siguientes a comprar un par de tabletas antes de que se agoten o caduquen. Pagarían el doble si el doble costasen, porque se trata de adquirir un último billete para un viaje fugaz a la memoria sobre una taza de chocolate caliente. Los productos Carmiña son un espejo retrovisor para miles de gallegos que alcanza hasta 1947, fecha de construcción de la fábrica. Su desaparición es la demostración de que la globalización y el euro pueden fagocitar antes o después a cientos de empresas, generalmente familiares, que ayudaron a componer la identidad de Galicia y que dan empleo a miles de gallegos.
Sólo desde una mentalidad anclada en la autarquía franquista o el aislacionismo comunista se defiende que un país produzca todo lo que consume, chocolates incluidos. El otro extremo, aquel que estaría representado por una Administración que presencia inanimada la derrota de las empresas gallegas de cualquier tamaño frente al comercio planetario, también tiene efectos demoledores. Ese tejido empresarial que existe en Galicia con vocación y ambición pero que está a años luz de un Inditex o una Pescanova necesita de unas instituciones que les tiendan puentes firmes para la conquista de otros territorios, convirtiendo globalización y euro en aliados. Contra este argumento, algunos en la Xunta dicen en voz baja que los empresarios gallegos tampoco son los catalanes, vaya. Mentirijilla. Detrás de las firmas catalanas estuvo un Pujol que durante sus seis mandatos en la Generalitat esparció por el planeta treinta oficinas de promoción exterior para apoyar

A lucense Suguimar ultima a compra de Chocolates Carmiña, que fabrica en Villafranca
01/06/2006 LA VOZ DE GALICIA
A empresa lucense Suguimar, dedicada á fabricación de bombones e que empezou este ano a exportar a Estados Unidos e Xapón, está a ultimar o acordo de compra de Chocolates Carmiña. Esta é propiedade do empresario vinícola José Dapena, que produce os artigos desta marca nunha factoría de Villafranca del Bierzo desde hai polo menos dous anos.?Os plans de Suguimar pasan por continuar fabricando coas dúas marcas, a propia como principal, e concentrar a súa actividade nunha única planta. A súa localización está por determinar. A firma lucense, asentada en pleno centro da capital, está a buscar unha nave que lle permita incrementar a súa actividade, ata agora limitada polas súas actuais instalacións.
Segundo fontes consultadas, a lucense Suguimar pretende trasladar a maquinaria que no seu día foi desprazada a Villafranca del Bierzo por José Dapena para continuar a produción de cacao en po, chocolate e bombones coa marca Carmiña, asina que nos últimos anos sufriu numerosos avatares.
Despois de 56 anos de funcionamento na capital, Chocolates Carmiña pechou as súas portas o día 1 de xullo do 2003 por xubilación do empresario Mauricio Pousada, quen foi presidente da Cámara de Comercio. Pousada mantivo negociacións co empresario José María Ruiz Mateos antes de cesar na actividade, pois estaba interesado en adquirir a fábrica de cálea Concepción Arenal de Lugo. Con todo, as conversacións para unir a empresa lucense a Trapa non chegaron a callar.
Meses máis tarde, Carmiña recuperaba a actividade en Villafranca del Bierzo por iniciativa do empresario José Dapena Sanz, propietario de Comercial Villafranquina, cun persoal de 12 empregados, cinco deles da época de Pousada Veiga. Suguimar, que conta cun persoal dunha vintena de traballadores, adquiriu nos últimos meses Chocolates Moreno, de Ribadeo. Os seus plans son crecer e incrementar os seus mercados para manter unha produción constante.

Chocolates Carmiña
Por Xurxo Ayán Santiago 06/03/2010. GALICIA CONFIDENCIAL
Era eu pequecho. Corría o ano 1980. Na aira da Ponte deume por xogar coa caiada do Caetano, o irmao do meu avó. Tanto me debeu gustar que acabei metendo o remate do pau na boca, e alí me quedou entrambalicado nos dentes.
Seica houbo que botar man do obradoiro de carpinteiro do avó para proceder á extración do báculo do Caetano, quen se limitaba a guindar gargalladas pola súa boca, coma un bispo:_Vaia hom, aió, aió, co rapaz do demo!!!
Era rexo coma un carballo, de fazulas grosas e rubias, e medio tatexo. Facíase o parvo marabillosamente ben, até o punto que librou da guerra, o que abriu o camiño para que o meu avó, O Sobreiras, marchase no seu lugar á fronte. No primeiro permiso que apañou, ao meu avó entráronlle poucas gañas de voltar á guerra. De Ferrol mandáranos en tren de volta a Zaragoza, e ao pasar á altura de Cerasia, o Sobreiras botouse do tren, un pouco antes da estación da Pobra de Brollón. E de alí marchou andando polo Cachón até á casa dos pais. Aos dous días viñeron catro gardas civís e un da Falanxe local a detelo, por deserción. Pasou unha tempada no cárcere en Zaragoza. El sempre se defendía dicindo que só quería ir ver á súa mai, que estaba enferma, encamada. E quizais iso o salvou. Seica cada noite sacaban de lista os gardas, recitaban catro nomes e eses catro fulanos non voltaban xamais. Como non era político, o meu avó ao final mandárono á fronte, á primeira liña, a conquerir cabezas de ponte no Segre, en Balaguer, na ofensiva final contra Cataluña. Do seu paso polo cárcere quedoulle un fondo sentimento antifranquista e unha querencia pola escoita nouturna do parte francés e da Radio Pirenaica. Cando o seu fillo viña da escola cantando o Cara al sol, alporizábase todo:-Carallo, neno non cantes esa merda na casa, que non sabes o que cantas!!!
O Caetano rexentaba unha pequena cantina no baixo da casa da Ponte; co seu pitelo e a súa boina, despachaba detrás dun mostrador con dúas balanzas. A finais dos setenta un dos produtos estrela da cantina era o chocolate Carmiña, empresa familiar compostelá que daquela encetou unha campaña promocional interesante; se un acadaba completa-la palabra Carmiña coas letras que viñan dentro das tabletas tiña dereito a recibir unha cantidade xeitosa de chocolate extra. Como dicía o Corticelo:-Houbemos morrer de tanto chocolate que papamos para face-la palabra dos collóns, e ao final sempre quedabas colgado por unha letra, mecagoná!
De parvo non tiña un pelo o Caetano. Como xa dixen, ou non, non recordo, fixérase o mudo no servizo militar a comezos do 36, para que o mandasen de volta, como inútil mental. Seica veu en tren, escoltado dentro dun vagón, e soltárono en Repil, ao carón da casilla da gardesa. Cando ésta viuno baixar comezou a falar con el, baixo a atenta mirada do soldado, que botaba un pitelo na porta do vagón. O Caetano, que coñecía á gardesa de toda a vida, facía coma quen ve chover, andando pola corredoira sen parar a saúdar. A piques estivo de que se decatasen da súa eiva finxida.
Un día o crego de Cerasia preguntoulle se cría no inferno._Home, señor cura, eu o único que sei é que os que morren, marchan e non volven._Vaia oh, vaia razonamento, Caetano, tamén moitos dos que emigran a América marchan e non volven._Si señor cura, pero os que marchan a Venezuela, escriben.

No hay comentarios:
Publicar un comentario