Veciños do municipio lucense do Incio queren acompañar á súa paisana Lucía Pérez en Dusseldorf (Alemaña), onde actuará no Festival de Eurovisión como representante española, aínda que antes contactarán con TVE para saber do número de entradas das que poderán dispor para este evento.Así o avanzou o alcalde do Incio, o popular Ángel Camino, quen, se hai entradas, tamén ten previsto desprazarse, aínda que o Concello non se fará cargo de ningunha pasaxe, polo que cada un terá que custearse a súa propia viaxe.Ademais, o mandatario está á espera de que os compromisos de Lucía fagan posible que os seus veciños lle poidan tributar unha homenaxe, que se realizará no transcurso dunha comida popular. Lucía Pérez regresou á súa casa de Goo o sábado, onde un grupo de amigos, familiares, o propio alcalde e representantes do seu club de seguidores obsequiárona cunha festa sorpresa, tras terse convertido na primeira galega que vai a Eurovisión.O seu representante, Chema Purón, xa anunciou que o tema que interpretará, Que me quiten lo bailao, será modificado para axustalo ao estilo da lucense, tendo claro que "polas súas veas non corre sangue rumbeira". Así, achegarán os ritmos ao terreo do folk étnico, e adaptarán algunhas frases para que o galego soe en Dusseldorf.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario