O alcalde co presidente de FILMAX e Besteiro A xornada inaugural da décimo cuarta Feira do Butelo da Fonsagrada evidenciou o tirón da convocatoria xa que, a pesar das choivas intermitentes, centos de persoas chegadas de distintos puntos de Galicia e de Asturias e León achegáronse á vila para adquirir butelos e outros produtos cárnicos típicos da Montaña. O epicentro do evento foi unha carpa na Praza do Museo, onde os produtores locais ofreceron distintas variedades de butelo, a prezos entre 8 e 15 euros o quilo.
«A cousa vai ben, a xente compra como todos vos anos, a crise non se notou», felicitábase a media xornada Tita Branco. Para explicar as boas vendas, outro produtor, Rubén Fernández, aduciu que «a xente vén á feira a pasar ou día, pero tamén a consumir, hai compradores fieis que ata chegan coa nosa etiqueta dun ano para outro para saber ónde mercar». Coincidiu nesa valoración José Luís Pérez, que apreciou un maior número de visitantes, algúns de lonxe. «Pasaron por aquí dúas parellas de Bilbao que dixeron que viñeran adrede despois de decatarse de que se había esta feira», dixo.
Entre os expositores máis concorridos figuraron tamén os de porco celta. Nun deles, Pablo Valledor presentou novos produtos como patés de mencía e castaña e chanfainas. En total, na carpa habilitáronse máis de 60 expositores, nos que tamén se puxeron á venda desde queixos, pans, repostería ou mel ata artesanía en madeira e coiro.
Actuación de Antaruxas e Sorteiros As actuacións dunha orquestra e do grupo Antaruxas e Sorteiros e unha pequena exhibición de bailes de salón amenizaron a cita, que tivo tamén entre os seus pratos fortes o cocido servido polos restaurantes locais. A feira seguirá hoxe coa apertura dos postos ás dez da mañá .Respaldo institucionalFeijoo cun butelo
A Feira do Butelo reuniu a distintas autoridades, entre elas o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, ao desprazarse á vila para un acto do seu partido, aproveitou para visitar o recinto feiral. Tras resaltar a calidade do evento, mostrou a súa intención de seguir «mellorando a accesibilidade e vos servizos» na zona. «Entre todos, co esforzo necesario, esperamos poder facer unha residencia», engadiu sobre esa vella demanda veciñal.
Pouco antes, diante da carpa tecnológica Km@ instalada con motivo da cita, o presidente da Deputación, José Ramon Gómez Besteiro, manifestou que onte era «un día ideal» para que Feijóo anunciase «a licitación das residencias da Fonsagrada e Becerreá»,trálo que recordou algunhas obras no concello do organismo que preside como a construcción do consistorio ou a reforma do polideportivo.Sumouse a demandaol alcalde, Argelio Fernández, quen destacou que o éxito de público ena feira organizada polo Concello amosa que «está plenamente consolidada».
No hay comentarios:
Publicar un comentario