
Os danos provocados polo xabaril deben asumilos os tecores (cotos de caza  xestionados por unha sociedade), tal e como se recolle na lei estatal que regula  esta actividade, e que é de 1970. Por iso é polo que a Xunta promova a creación  dun grupo de traballo que intentará modificar a lexislación preconstitucional,  xa que a situación dos tecores galegos nada ten que ver cos doutras comunidades  onde a caza ten unha finalidade fundamentalmente comercial e son os propios  responsables dos cotos, perfectamente delimitados e pechados, os que introducen  as especies. Desde a Xunta sosteñen que a responsabilidade debe ser asumida por  Administración do Estado, cazadores e Administración autonómica, entre outros,  nun seguro conxunto.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario