miércoles, 23 de febrero de 2011

Os nacionalistas fonsagradinos critican a redución nas axudas agrarias


O grupo do BNG na Fonsagrada rexeita o recorte, realizado por Medio Rural, na cantidade destinada aos Contratos de Explotación Sustentable (CES).
Os nacionalistas critican o anuncio da Xunta de que «non se subscribirán máis contratos» nin aprobarán as solicitudes de ampliación de explotacións que xa tiñan un contrato anterior. Denuncian, ademais, que o Goberno decidise eliminar as subvencións aos pastos permanentes, así como a retirada das axudas ás superficies ocupadas por pastos arbustivos, «malia estar recollido nas bases dá convocatoria».
Estes feitos evidencian, para o BNG fonsagradino, «a falla de compromiso do PP» coas explotacións gandeiras. é por iso que levarán unha moción ao próximo pleno para instar á Xunta a que «revogue» a súa decisión e pague as axudas agrarias «sen recortes» e antes de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario