Un pouco de historia Comarca do Eo-Navia Descrición da Terra do Eo-Navia
Situada entre os ríos Eo e Navia, a comarca eonaviega ten unha especial personalidade de seu. Na Idade Antiga, o territorio eonaviego estaba habitado polo pobo galaico dos Albións, e como tal formaba parte da Gallaecia. Na Baixa Idade Media, o Eo-Navia facía parte da diocese galaica de Britonia, unha das divisións administrativas máis importantes do Reino da Gallaecia ou Galliciense Regnum. No século XII, unha transferencia administrativa entre os bispados de Lugo e Oviedo deixou as terras do Eo-Navia dependentes do bispado de Oviedo. Aínda isto, o territorio eonaviego seguiu sendo coñecido polo nome de Terra de Ribadeo durante a Idade Media, e estivo territorialmente organizado baixo o nome de Arcedianato de Ribadeo ata o século XX.Durante o século XIX as terras do Eo-Navia foron reunificadas co resto de Galicia en varios dos proxectos provinciais daquela época. O Eo-Navia volvía a Galicia no plano do Goberno español no ano 1810, no plano provincial do ano 1813, e tamén no proxecto do ano 1821.A división provincial actual é a feita polo andaluz Javier de Burgos en 1833, que contradixo os proxectos provinciais anteriores e separou o Eo-Navia do resto de Galicia. Pouco máis tarde, en 1842, apresentouse no Congreso de los Diputados unha nova proposta para que o Eo-Navia volvese ser reunificado con Galicia, formando a chamada Provincia de Ribadeo. Outravolta, no ano 1856, a Desamortización de Madoz organizou disposicións comúns para todo o territorio galego, tamén incluíndo o Eo-Navia.Coa creación do Estado das Autonomías, a Terra do Eo-Navia volveu ser recoñecida como un territorio singular, hoxe chamado Comarca del Eo-Navia, que ten unha forte personalidade cultural e continúa a manter estreitos lazos culturais, xeográficos e históricos con Galicia
A Bandeira do Eo-Navia Descrición da bandeira da Terra do Eo-Navia
Bandeira de Castropol, capital histórica da Terra Eo-Navia.Bandeira histórica conservada en Castropol: a Cruz de Santo André en cor vermella, utilizada na Guerra contra Franza polos anos 1809-1811.A bandeira eonaviega, popularizada na comarca desde comezos do século XXI, está composta pola Cruz de Santo André en vermello e por dúas bandas verdes paralelas.A bandeira eonaviega naceu a partir da fusión das dúas bandeiras máis características da Terra do Eo-Navia, unha bandeira histórica e outra moderna:- A bandeira histórica é a Cruz de Borgoña ou de Santo André en cor vermella, conservada na igrexa de Castropol, que foi portada polas tropas da comarca na Guerra contra Franza polos anos 1809-1811.- A bandeira moderna é a bandeira verde e branca da vila de Castropol, a capital histórica da Terra do Eo-Navia. A maior parte das terras eonaviegas estiveron administrativamente unificadas dentro dun concello con capital en Castropol ata a división municipal actual en 18 concellos. As dúas raias verdes na bandeira de Castropol representan as cores tradicionais coas que se pintaban os barcos da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario