Vecinos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz verán mellorado o sinal que reciben actualmente da televisión dixital terrestre (TDT) a partir do día 21 deste mesmo mes, segundo anunciaron desde a Xunta de Galicia a través dun comunciado, en virtude dunhas reformas que está a levar a cabo o Executivo galego en varios centros emisores da Montaña.
Segundo indicaron desde o Goberno galego, estes traballos que concluirán a inicios da próxima semana están a realizarse, en concreto, nos centros da Fonsagrada II, Noceda e Estoupelo, polo que todos os veciños que reciben nas súas casas o sinal desde estas instalacións deberán resintonizar os seus equipos receptores para beneficiarse desta mellora no sinal da TDT.
Os traballos que está a acometer a Administración autonómica, que estarán culminadas o día 21, permitirán aos usuarios destes dous concellos da Montaña captar máis canles televisivas como, entre outros, os dous da Televisión de Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario