viernes, 18 de febrero de 2011

Lucía Pérez irá a Eurovisión con 'Que me quiten lo bailao'



Lucía Pérez, celebrando o seu triunfo (Foto: Rtve)

Logo de máis de medio século de participación española no Festival da Canción de Eurovisión, unha lucense do Incio será a primeira galega que representará a RTVE no máis soado dos concursos musicais internacionais. Lucía Pérez impúxose na noite deste venres aos seus adversarios cun 68% dos apoios no voto telefónico, a pesar de que lle tocou defender 'Que me quiten lo bailao', o tema que peor se axusta ao seu rexistro dos tres que interpretou na gala. Deste xeito, a cantante do Incio de 25 anos interpretará na localidade alemá de Dusseldorf a rumbita pop 'Que me quiten lo bailao', unha composición optimista, sinxela e festiva, obra de *
Cando o xurado, integrado para a gran final por Albert Hammond, Reyes do Amor, David Ascanio, Sole Giménez e Boris Izaguirre, empatou a puntos a balada ‘Abrázame' —preferida pola cantante e polos seus fans— e a rumba de Artesero e optouse por esta última para desempatar porque obtivera máis veces a máxima puntuación, a cantante mostrou a súa desconformidade: «Somos os cantantes os que temos que defender a canción sobre o escenario e non o xurado», comentou a do Incio, ante o aplauso do público presente no estudio de TVE en San Cugat.

Anne Igartiburu, presentadora da gala, e Lucía Pérez saúdan ao final (Foto: http://twitter.com/eurovision_tve

Tras uns cantos minutos de debate e incluso tensión entre Boris Izaguirre e a experta eurovisiva Reyes do Amor, que defendeu a posición de Lucía, o xurado ratificouse na súa posición e a luguesa enfrontouse ao veredicto do público co consabido 'Que me quiten lo bailao'.
Cun 68 por cento dos votos, Lucía será a representante de España no Festival de Eurovisión que se celebrará o 14 de maio en Dusseldorf. A vantaxe foi abafadora porque as seguintes opcións quedaron co 20 e o 12 por cento.
Ao termo da gala, a moza galega, que se mostrou moi emocionada ao coñecer a decisión do público, expresou o seu compromiso para "deixar a España nese lugar do que nunca debeu saír".
Lucía Pérez deuse a coñecer na 'Escola de cantareiros' de 'Luar', o veterano programa de Televisión de Galicia. Curiosamente, a gran final de 'Destino Eurovisión' foi competencia de 'Luar' na noite deste venres. O presentador do programa de TVG, José Ramón Gayoso, interrompeu o espazo para dar conta da noticia de Lucía e conectar en directo con Chema Purón, produtor habitual de Lucía Pérez.

VÍDEO. A actuación final con 'Que me quiten lo bailao'

No hay comentarios:

Publicar un comentario